Dom, 21 Xul 2013, 14:20
Asunto: Re: Carreira de Montaña Subida ao Outeiro. 21 de Xullo. 19k
Carreira dura, durísima, sobre todo a primeira parte.
Pero dende aquí quero agradecer á organización pola iniciativa, porque o percorrido resultou ser fermosísimo, impresionante pasar entre a mina, subir por rutas axudándose de cordas, etc... Tamén a destacar o ben sinalizado que estaban todos os cruces (non entendo como houbo alguén se puido "equivocar").
Moi ben tamén os avituallamentos, deixando unha distancia suficiente para poder aproveitar as botellas de auga, pois noutras carreiras os contedores están tan preto do avituallamento que non hai máis remedio que tirar a botella medio chea ou aguantar con ela e tirala onde se poida...
Grazas pola abundante froita ao final da carreira e polo obsequio! A seguir para o ano!