Dom, 05 Mai 2013, 14:27
Asunto: Re: XVI Media Maraton de Vigo - 12/Mayo/2013
Dirixidos á organización da XVI Media Maratón de Vigo, unha pregunta e un comentario.
A pregunta: Cando remate o prazo de inscrición e obviamente antes de que se dispute a carreira, haberá algún sitio onde se poida consultar a listaxe de equipos na proba de remudas (relevos, en spanish)?
O comentario: Algo xa se dixo no facebook desta proba e eu vouno escribir aquí. Non sei de onde partiu a idea, pero paréceme unha inxusta discriminación (non son termos redundantes, ollo, pero ese é outro tema) que os vigueses, polo feito de selo, non poidamos aparcar de balde nun céntrico aparcadoiro moooi próximo á liña de saída/meta, mentres os que veñen de fóra de Vigo, si, ata as 19.00 horas. Nunha cidade cun mal servizo de autobús urbano en días laborables ás parroquias da bisbarra; nunha cidade cun horrible servizo de autobús urbano a esas mesmas parroquias en domingos e festivos; nunha cidade onde o centro queda lonxe de moitos sitios, resulta que os que aquí vivimos e aquí pagamos impostos os 365 días do ano, temos que deixar o coche no quinto carallo fronte os que veñen de fóra que, eles sí, eles poden aparcar no mesmo corazón de Vigo, xustiño no centro neurálxico da Media Maratón. Solución xusta: ou todos con chepa ou todos chepudos, non sei se me explico.
Nada máis polo de agora. Saúdos.