Mér, 23 Xan 2013, 20:53
Asunto: Re: EDP Gas - Meia Maratona Manuela Machado - Viana do Caste
Foi a miña primeira participacion en Viana, e certamente quedei encantado. Seguro que o ano que ven repito, aínda que só sexa por ver cómo é a carreira sen choiva (haberá que tocar madeira).
En canto á organización, na miña opinión non se lle pode reprochar moito. Cecais o non haber organizado os dorsais por bloques. Pero aínda así terían problemas, xa que todos acudimos no derradeiro intre, e eso é moi difícil de xestionar. En fin, vendo como fan as cousas en Viana, estou seguro que tomaron boa nota para o ano que ven.
Deportivamente falando para min foi unha carreira espectacular. Había tempo que non disfrutaba tanto nunha proba, baixando tempos e sentíndome con forzas quilómetro tras quilómetro, como me sentía hai mooooitos anos. Empézanse a ve-los froitos do entrenamento para o maratón.
A pesares dos contratempos, felicitacións á organización, e sobre todo ós voluntarios...... ¡impresionantes!
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es