Mar, 20 Feb 2007, 13:12
Asunto:
Pois si que é boa marca, o certo é que últimamente atópome moi ben de forma. O que pasa que eu corrín a carreira enganado co percorrido, xa que na revista runners, pon Recorrido: LLano con ligeras subidas
Aínda que hoxe sigo tendo cargado un xemelgo e un nocello dolorido.
Chacal, pois mira que me fixei na volta nos corredores, o que pasa que non contaba que sairas tarde e foras tan atrás. O certo e que non sei como fuches capaz de dar co percorrido no medio do pobo, despois non tiña dubida e noraboa polo teu sufrimento de acabar a carreira lesionado.
Pradairo a ti non te coñezo, pero na mega.kedada de Padrón seguro que coincidimos. Moi boa progresión a que estás a facer sobre todo tendo en conta que as duas medias que correches son exigentes, sobre todo esta, eu case que a compararía ca de Ferreirua en Lugo e un pouco por debaixo de Betanzos xa que non ten subidas tan duras, pero é un continuo sube-baixa que non te deixa coller o ritmo.
Eu xa estou pensando en apuntarme a Media de Trubia (cerca de oviedo) o 11 de Marzo, xa que meu obxetivo e correr unha media por mes ata Xuño.