Ven, 16 Feb 2007, 13:21
Asunto:
| chispita escribió: |
| Como en todo hay psicólogos del deporte buenos, malos y regulares.(...) Lo que no se puede es generalizar ni dar opiniones tan tajantes sobre una profesión (es como decir que no creo en los médicos!). La cuestión no es creer o no creer, sino que dar con el profesional cualificado para mejorar tu rendimiento. |
Coincido coa selección que fixen da cita de
Chispita. Non creo que os psicólogos (deportivos ou non) sexan bós nen malos ou innecesarios "per se", nen sempre... simplemente hai profesionais bós e malos. Se
Pedro Nimo non os necesita... sorte que ten. ¿Que non quere velos nen en pintura? ... é unha actitude coma outra calquera... respetable. Agora ben, igual se atopara un psicólogo deportivo bó, que o entendera, igual tiña un pico maior de rendemento. Penso que desestimar unha opción de mellora porque sí é un pouco radical de máis. ¡¡¡Queira deus que nun futuro non necesite dun psicólogo (sen máis)!!!.... como dí o refrán "
Nunca digas de este agua no beberé".
Sobre bós e malos profesionais. Hai en Vigo un doutor moi famoso que ata é doutor da selección española dun "deporte" que, en visitas á súa consulta privada de xente da miña propia familia (non falo da prima do amigo dun colega que me dixo ¿eh?), fixo o ridículo máis espantoso... con frases como "
Tú no te preocupes chaval, que pudo ser peor. Hay deportistas de élte con lo tuyo y ahí están" o "
Eso nada... es cosa de la juventud. Ya se te pasará"... e logo houbo que pasar por quirófano, ver outros médicos, etc. etc. porque os problemas non solo non pasaban senón que iban a máis e máis .... en fin... colle fama e a durmir