Lun, 17 Set 2012, 8:53
Asunto: Re: VI Carreira Pedestre "Concello de Boimorto" (16/09/12)
Moi ben a carreira, coma de costume.
O ano que ven, Deus mediante, repetirei, e se cadra fai o debut a miña herdeira na categoría chupetes.
Esta proba ten a dureza xusta que un mesmo pretenda, según a caña que lle des.
Dende logo, saidas tan rápidas coma estas non hai moitas, pois o ancho da rúa incita a voar xa dende o comenzo.
Eu, particularmente , o fixen un chisco peor ( 9 segundos ) que o ano pasado, pero é que os anos non pasan en balde, e tiña unhas molestias no talón.
Polo menos Norris e Ramirín non me mollaron a orella, ainda que si Proente, que correu a 4:00, e Pache, que tamén o fixo moi ben.
Luisito, mellor corredor local, impresionante, ca súa preparación futbolera explosiva e idonea para carreiras cortiñas.
Moi ben Paulkoech, con pundonor a pesares da febre, Monchodepelejrino, Jesusrañaplatas,Extremeñeiro,Alalá, Rufo,Juanito,Cardeirín, Luisbuazo,Carreira,Tronquito,Eldelmonte....
E que dicir dos Piñeiro, Manute, Akka, Touris, Gomez.....
Coma sempre, César espectacular na planificación e atención os corredores, igual que os voluntarios e traballadores do Concello de Boimorto.
Ata os berros de Moncho do Canteiro no cruce cara o Boido deron ánimos na agonía dos derradeiros kmts.
resumindo: unha carreira popular familiar e entrañable
pd: a ver se algún ano podo ir a Penedos sen faltar a Boimorto
o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO