Sáb, 25 Ago 2012, 13:59
Asunto: Re: XXVI Carreira Popular Randufe - Tui
Moussambani, eu diría que nesta carreira cómpre ir con cabeza ata o km. 7.800, por suposto cada quen dentro das súas posibilidades (tampouco pretendo instar ao ultraconservadurismo, eh...). Nun comentario anterior xa describín un pouco a proba, agora engado que o máis amable que ten son os primeiros +-700 metros (sáese en baixada) e os derradeiros 200, tras xirar á esquerda, xusto despois de ascender por segunda e definitiva vez (como ben indica Anpefi) a costa do Chacón, baixo a ponte da autopista. En Randufe non hai pendente algunha coma a da Andar e Correr baionesa, por exemplo (1.200 metros con escasa piedade e duras porcentaxes de desnivel); pero, en cambio, haiche un número moito maior de costas máis curtas e non por iso menos empinadas, que se suceden unhas ás outras cunha continuidade que dificulta a recuperación.
Agás un ano no que chovera con intensidade antes da carreira e a temperatura era moi agradable (coido que foi en 2007), en Randufe sempre hai un momento (ou varios) no que, abafado, pregúntome: quen carallo me mandaría a min..? Logo, aos poucos minutos de rematar, xa me digo: "o ano vindeiro, repito". E repito, claro.
O factor "temperatura" é fundamental aquí, moito. E tamén aventuro, Moussambani, que a proba raíña non se disputará antes das 11.00 horas, pois os que comezan ás 10.00 son os nenos.
Saúdos.