Ven, 27 Xul 2012, 7:20
Asunto: Re: eso si que é deporte
vaia por diante que NON busco crear polémica (venda antes da ferida).
onte vin este fío, e lin nel a "admiración" que mostrades por esta persona e destacades que esto "si que é deporte".
eu mostro o meu
respeto por el e a súa forma de practicar a carreira a pe. Hats off!! Chapó!
pero... admiración? qué feito ou conducta debe ser admirada? Porque digo eu que se case non o coñecedes dificilmente podedes admirar a persona e como moito
darédeslle mérito ao feito de dedicar gran parte da súa enerxía vital ao feito de desplazarse de carreira a carreira e sobrevivir de xeito moi económico. Se de
admirar se trata, eu creo que é máis
admirable ese grupo de personas que cada semana termina unha carreira dentro dos dez últimos pero mostrando sempre un espíritu alegre, deportivo e orgullo pola
superación personal. Sen dúbida hai que ter forza de vontade, porque a gran maioría respetámolos porque sabemos e coñecemos o que significa o seu esforzo, pero desde
fora non sempre son vistos así.
recoñezo que podo padecer certa tara que me fai difícil sentir
admiración, e menos por cousas triviais como "correr". Non "admiro" nin a Iniesta, así que mira como será a cousa

Quizáis polo coñecemento empirico de que tod@s temos claros e oscuros na nosa conducta e hai feitos dignos de admiración, pero moi poucas personas.
Na miña opinión.
Repito, respeto moito a esa persona, pero no entendo o tono do fío. Pareceme máis destacado o feito de que montxo altruistamente lle consiga unha bicleta.
Non escribín nada onte, e case non o fago hoxe, pois ante as vosas mensaxes creo que estou "quedando mal", un pouco "insensible", e o peor é que igoal tedes razón. Pero moléstame moito (pero moito) a banalización das palabras e os conceptos que tentan expresar.
Resumindo: para min "admirar" é unha palabra que lle vai grande ao caso.
-- Chámame "ghose"