Dom, 14 Xan 2007, 20:41
Asunto:
Crónica: "Boborás desde atrás"
Barbanzón é un liante. Chama o martes: "vente conmigo a Boborás; un cross popular de 10 km; así remato o entrenamento para a media de Viana da semana que ven.... " Para un fora de serie coma min (vamos, fora de serie, porque chegar a megachachisuperpasteleiro, é para este menda unha utopía), aquelo era un atentado á integridade cardíaca. Pero claro, cando me pregunta que por donde caerá Boborás...bueeeeeno, haberá que ir, que aínda se nos vai a perder!!!!
Como a quedada do Pino me viña grande ("por moito que che digan que van a ir amodo, vaste escarallar na primeira costa e seguro que logo non hai cobertura no móvil para chamar un taaaaxi"), e como nunca sei decir que non, pois "embarcoume".
Total, que alá nos imos camiño do val do Arenteiro. Recibeunos un tempo pechado de néboa e un frío de carallo: 2 grados baixo cero por Lalín!! "Traerás os guantes??" Asubiei mentras mirando para outro lado...En Boborás, uns carteliños anunciaban "Parking cross" e "Saída cross". As organizacións das vilas pequenas coidan eses pequenos e agradecidos detalles.
Anotámonos nunha vila tomada por unha horda de "enmallados" e fixemos un quencemento de media hora. Os 15 minutos de demora fixeronse longos...bueno, máis que longos, fríos...
Uns 200 participantes a ollo de bo cubeiro, ducia arriba, ducia abaixo...
A estratexia de carreira: estilo PP, moi conservadora (ufff...non sei si borrar esto, que logo igual se me mosquea parte da peña!!!). Bueno, en fin, que iba a ver a carreira desde a cola do pelotón.
A salida dos primeiros, coma sempre, vistos e non vistos...en parte pola néboa, todo hai que decilo. Tan espesa era esta néboa, que ós poucos metros baixan dous "pitufiños" de volta, con cara chorosa; daban a volta...¡¡porque tiñan medo!!! Pobriños....
Como tiña lido o comentario de
Afiador sobre o perfil da carreira, deixeime ir amodiño. Por certo, Afiador, graciñas!!!!, clavadiño a como o contas!!!! No segundo quilómetro, mitade por orgullo, mitade porque a mín tamén xa me estaba entrando o "caguenle" da néboa, empecei a adiantar a algún compañeiros....
Subida continua hasta casi o terceiro quilómetro para entrar logo nos tobogáns de subida-baixada que pronosticaba Afiador. Por certo, o avituallamento, no km. 2!!!....co cal o pobre paisaniño casi rogaba de rodillas que alguén lle collese unha botella de auga. A pista, en moi bo estado para correr. Pero o frío facía que a respiración fose un pouco entrecortada....
Nunha das subidas sinto detrás como un xemido "cuasi orgásmico" tipo Sharapova (os seguidores do tenis, xa me entendedes)...Tres mozas viñanme pisando os talóns. ¿Que se fai nestes casos? Barriga adentro, peito afora....e aínda que se vaia sin alento, hai que manter a dignidade...
Unhas frases de vacile e xa tiña compañeiras de fatigas...Outras baixadas, outras subidiñas (cos respectivos xemidiños da Sharapova, que a estas alturas xa eran un estímulo coma outro calqueira).
Todos tíñamos a idea de que o recorrido era de 10 km., polo que cando, despois de pasar o km. 8 (ah, os quilómetros perfectamente indicados), vexo a indicación de "800 metros para meta" non daba crédito ó que vía. "Diosssss, vou como unha máquina" Mágoa que non fose verdade...A todo esto unha das compañeiras da Sharapova, viña ó meu par e diante outra parella a uns 30 metros. "¿A por eles?" "Veña!!" Que fácil é decilo, pero que difícil facelo cando as pernas non queren. "Están verdes, dixo a raposa".
Na meta esperabame o meu colega Barbanzón. 34 minutos. Un fiera!!! Estou falando del, por suposto....Eu...bueno, dame un pouco de vergoña, pero claro, o anonimato é o que ten.. 48:16. De premio, un par de vasos de chocolate quentiiiiiiiiiiiño; un bote de Aquarius Cola (xa falaremos do tema!!!!) e unha camiseta bermellona....e mirade vos, máis contento que unhas pascuas.
Volta correndo para o Barbanza, que ás 4 xogaban os meus chavales do futbol (tamén son adestrador)...por certo, que gañamos 1-2, pero esto...claro...xa é outra historia para contar nos foros do Marca...jejejejje