Mar, 24 Abr 2012, 17:14
Asunto: Re: 1ª Edición Carreira Popular Concello de Poio
Ola a todos,
¡Pois si que vos gustou esta carreira! Estamos moi agradecidos polas opinións vertidas eiqui. A verdade é que todo saiu mellor do que esperabamos:
- Non houbo incidentes de relevancia.
- A meteoroloxía acompañou, a pesar de como se presentou a semana (tódolos días chuvia menos o domingo) ¡que sorte tivemos!
- Puidemos cumplir co horario previsto.
- Tódalas partes implicadas na organización (voluntarios, concello, policía local e protección civil) en perfecta coordinación.
- O público, segundo os comentarios dalgún de vos, animando durante gran parte do percorrido (incluso dende as ventás das casas).
- Participación superior ás expectativas.
- As duchas con auga quente,......
A verdade é que levamos dous días falando do mesmo tema e pódovos confirmar que esto de
organizar unha carreira é boísimo para a saúde. E vouvos explicar por qué:
Cando un decide meterse nun “fregao” deste tipo empezan a alterarse as súas constantes vitais a medida que van avanzando os días (aumento da frecuencia cardiaca, incremento da tensión arterial, reducción do descanso nocturno, aumento da irritabilidade,..) . Así que, nese periodo de tempo consultamos cun facultativo para que nos dera unha solución a estas alteracións e recetanos o seguinte: "Por prescripción facultativa, tódolos membros deberán reunirse 3 veces por semana durante 2-3 horas para repartirse as funcións". Esto é algo parecido a unha terapia de grupo que, por certo, funcionou á perfección.
Chega o día "D"; unhas horas antes da festa xa están en ebullición os tlfnos móbiles, ¡qué invento o deste cacharro! ¡Sirven de despertador!, ¡podes enviar e recibir sms avisando de cousas de última hora!, e, se te lías moito cos dedos pois tes a alternativa de facer unha chamada e dis de palabra en menos de 1 minuto o que tardas en escribir en 5 minutos.
Bueno! Por donde íamos? Ah, si! a hora "H". Din que coincide coa máxima alteración das constantes vitais; ¡pois é certo! Pero, tamén é certo que unha vez que empeza todo o "follón" hai unha relaxación contenida das mesmas e así, con pequenos sube-baixas (" a semellanza do percorrido desta carreira"), chegas ó final. Entón é cando empezas a recibir todo o que deches e, eso amigo, eso presta, !carallo como presta! O sangue ferve por tódalas corredoiras do corpo, os oídos reciben mensaxes que circulan dereito o
CORAZON, percibes que a xente está contenta, os máis cercanos bícante, tamén che dan apertas (das de verdade). Todo isto provoca un novo estado de ánimo, un abanico de sensacións. Non sei como explicalo. Satisfacción, orgullo, cariño, moito cariño, sínteste a gusto contigo mesmo,... E iso, compañeiros, iso é
SAÚDE.