Foros ›
FELIZ ANO!!!!!SUBIDA A CHAMORRO
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
eps

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/05/06
0 Carreiras
92 Mensaxes
en fene, pero de Palas, que non palace
Respostar citando Envío Dom, 31 Dec 2006, 15:27
Asunto: FELIZ ANO!!!!!SUBIDA A CHAMORRO

Ola compañeiros do asfalto, mañán as 11:00, subida a chamorro, para perder todo o que metemos no corpo a noite de fin de ano. resaca incluída.
Hai que estar sobre as 10:30 na praza do inferniño. Ao final chocolatada.
Non falledes, xa sabedes o que ben comeza ben remata... Moi feliz
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3353 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Dec 2006, 17:33
Asunto:

Si no me paso con el champang , alli estaremos.
mkm2514

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/11/03
0 Carreiras
409 Mensaxes
ferrol
Respostar citando Envío Dom, 31 Dec 2006, 19:14
Asunto:

Pues alli estaré, feliz año a todos y un saludo.
ferrolano

Super Veterano
Super Veterano
2/04/05
0 Carreiras
2088 Mensaxes
siempre de ferrol,
Respostar citando Envío Dom, 31 Dec 2006, 21:44
Asunto:

envidia,algun año la corerre.suerte y saludos a los que subiis.

"como no volvamos a reirnos nos vamos a llevar fatal"
eps

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/05/06
0 Carreiras
92 Mensaxes
en fene, pero de Palas, que non palace
Respostar citando Envío Lun, 01 Xan 2007, 17:02
Asunto:

Mañan do máis peculiar para a práctica do deporte, en primeiro lugar, facía sol, cousa sorprendente para os que pola noite tivemos que soportar o torrencial entre cacharro e cacharro.
En segundo lugar porque eu e o meu compañeiro (en fin, se estivestedes me ides recoñecer porque eu era o que se estaba partindo de risa xa que el quería correr co traxe de pola noite) iamos de reenganchada, dende a san silvestre de Ares ata a capela de Chamorro, sen parar de cantar sen parar a durmir.
Eu pretendín ir algo máis "casual sport", fun quen de darme unha ducha rápida, espabilar coa axuda dun café cargado as 10 da mañan e poñer o chándal.
A verdade é que me costou moito convencer ao meu colega de que se puxera un pantalon de deportes, pois subir de garabata a chamorro está ben, pero penso que corresponde máis a outro tipo de actividades, eclesiasticas, e fai que o Via Crucis sexa demasiado lastimoso.
Así que despois nos diriximos a falar co señor que nos avisou en Ares da existencia da carreira, lle explicamos o problema que tiñamos pra deixar a roupa no meu coche, estaba no centro de Ferrol (cando marchei a casa era consciente das miñas limitacións), ofreceunos unha parte do seu maleteiro pra deixar todo tipo de enseres (matasuegras incluido).
Por ser francos eu penso que o meu compañeiro empezou a superar os problemas de alta concentración etilíca xa chegando á cima, se non fumos os últimos pouco faltou, e pasou a estado semi sobrio cando tomamos un excelente chocolate. Impresionante.
Despois baixamos cómodos, dous amigos nos marcaron o ritmo e foi xa unha delicia, claro era costa abaixo.
coñecimos a un señor que non nos dixo o nome, de barba e moi bo tipo, enrolouse moito con nós, igual lle dábamos pena, e non me estrañaría, jajjaja, se é do foro mándolle dende aquí as grazas, e coma non tamén aos dous amigos que nos prestaron un oco do maleteiro e nos marcaron o ritmo.
Fenómenos todos, por madrugar un día coma hoxe...
Perdón polo rollo.
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3353 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Xan 2007, 19:21
Asunto:

Me pase con el champang , para el año no falto.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos