jaimec escribió: | ||
|
Marcos escribió: |
Pois sorprendeume moi agradablemente a carreira do CUVI. Moi boa organización, moi, pero que moi bo circuíto (con salsa ![]() Os meus parabéns para a organización ![]() ![]() A nota negativa: uns corredores que na cola tiñan unha cantinela que me puxo de bastante mal humor: "que si estas colas son impresentables" "que si los organizadores no aprenden, mira que siempre se lo digo y nada" "que si no hay derecho, porque uno paga" e bla, bla, bla. Déronme verdadeiro noxo. Quizais deberan saber eses señores (non os considero corredores populares) que esa rapidez que tanto esixen ten un custe, e que esos 5 euros que cobran non dan nin para media merenda dos custes da carreira. O que digo eu. Ó final catro pijillos van a facer tanto ruído, que ós organizadores vánselle encher tanto as narices que van acabar cobrando o custe real da carreira "para hacer todo totalmente profesional", e non escoitar a esos catro pailáns. Perdoade polo rollo, pero tiña que desafogarme. |