Sáb, 25 Feb 2012, 23:42
Asunto: Orientación.1.Arteixo
Bueno, imos iniciar con este fío unha serie de comentarios sobre as diversas carreiras de orientación da Liga galega 2012.
Os casi 500 corredores que se deron cita esta mañán en Freán-Arteixo dan fe da boa saúde coa que conta esta disciplina. Bueno, máis ben, confirma a boa saude do atletismo popular en xeral, en todas as súas vertientes (carreiras de asfalto, montaña, etc). Por si fose pouco, a febre atlética, esta disciplina permite elexir entre diversos percorridos de distintas dificultades, aquel no que nos podamos sentir máis cómodos, ou no que máis aprendamos, ou…en fin, para gustos, colores!!
Aparte da cantidade de corredores, chamoume a atención o nacemento de novos clubes de orientación, que engadir ós xa veteráns Liceo, Artabros , Gallaecia e Bombeiros en A Coruña; os lucenses do Fluvial; Galicia Caranza e Montaña de Ferrol; Aromon de Pontevedra; os vigueses da Universidade e Habelas Hailas; SEO de Ordes; Club Alpino de Ourense; Trevinca de O Barco; Sabón de Arteixo; e os meus compis da USC de Santiago. Así, clubes que non coñecía, como o Jarnachas de Arteixo, Faicamiño de Oleiros, AABT de Paderne, AD Fogar de A Coruña e, os veciños sonenses, do Arnela, amplían a oferta de clubes interesados na orientación.
Grata foi, tamén a corta charla na presaída con
Admin e Bugarín. Admin, víase ás claras que si tuvese unha zapas adecuadas botaríase de boa gana ó monte.

Con Bugarín, a conversa descurreu sobre o proxecto que están desenrolando en Pontevedra, dunha liga local, xa en marcha; así como sobre as colaboracións para ir aprendendo/ensinando diversos aspectos directamente relacionados co mundiño dos mapas de orientación.
A zona pola que discurreu a carreira, era do máis variopinta, pero alí donde pisaras, poucas veces iba a ser en terreno duro e plano. Zonas de brañas e gandarelas, nos que afundirse na agua hasta os xeonllos; restos de talas que dificultaban tremendamente o avance (na meta, un amiguete de Artabros, comentábame que eso tamén eran os efectos da crise: a xente ante a falta de ingresos, vendía os arbores –eucalipto, básicamente- como paliativo económico); montes de espesa broza…en fin, que me resultou unha zona agotadora. Eso si: disfrutei coma un anano!!!!