Mér, 20 Dec 2006, 3:44
Asunto:
A miña crónica fagoa rapidiño:
Almorzo en casa dunha amiga en Ames, arrancamos para Boiro, coller os dorsais, ritual e calibramento das zapatillas,quecemento con
aaleex e rapidiño para a saída.
Saímos eu e máis
aaleex xuntos, e fóisenos a pinza un ovo e medio polo menos; non se nos ocorreu mellor idea que intentar seguir a
keniatablanco e compañía, que tolería. O primeiro km máis ou menos aguantámolo a 10 metros deles, pero todavía é moito ritmo para nós, aínda que vennos ben probar, pasamos a 3' máis ou menos. Despois xa comezamos a face-la goma. A pesar de todo seguimos empuxando e pasamos o km 3 en 10'02'', é dicir, unha media de 3'20'', e ahí o meu corpo empezoulle a falta-la gasofa, que PINCHADA metín,
aaleex empezou a marcharse para adiante, pero el tamén debía de ir bo que apenas se daba despegado 20 metros de min. De todos modos a miña páxara ía a máis, aínda non sei hoxe como é que acabei a carreira, sería para non quedarme tirado no monte ( total; tiña que voltar igual). E xusto cando peor iba empezo a escoitar un traqueteo tras de min, tráquete tráquete, unha frecuencia que asustaba, pensei que me iban meter unha pasada antolóxica destas que che minan a moral e mándalo todo a merda; pero cal foi a miña sorpresa cando o menda que me estaba pasando vai e sóltame:
hola, son Lubo. Despois alentoume para que fose para adiante, animoume. Non sei se me diría algo máis, a verdade é que non estaba para atender nin entender moito. Pero eso sí que é clase , é un adiantamento con moita clase; é a mellor forma posible de presentarse como foreiro de correr en galicia, no campo de batalla, dando alento o compañeiro. Aguantei con el uns poucos metros, 200 quizáis, pero penso que foi el o que baixou o ritmo, máis que eu o que o aguantei. Moi bo detalle o de
Lubo, que incluso facía o ademán de quedarse comigo, pero é unha cousa que non pode ser de ningún xeito, el iba lanzado e pletórico e eu era un lastre que nin sequera podía ir a roda, canto menos axudarlle nalgún momento. Gracias
Lubo por axudarme na carreira e disculpa se pola miña culpa cortaches o ritmo e interferiu na túa progresión. ( Dicir que
Lubo sabía quen era eu polo nome serigrafiado á espalda na camiseta). Ã? pouco tempo de pasar esto, comecei a recuperar, pouco a pouco, cada vez ía mellor, no km 7 pódese dicir que estaba xa enteiro pero non había moito marxe para recuperar terreo perdido. Ã? final rematei enteiro e todo. 29'48'' foi o tempo empregado. Enseguida nos xuntamos uns cantos do foro, un pracer falar con todos, cuns falei máis que con outros. Charla con
Lubo e
lentoperosejuro primeiro, eu e máis
aaleex, encantadores os dous, moi moi agradables. Despois de palique con
gallego, que majo es rapás, aínda que chegaches despois ca min, penso que de momento estás diante miña; xogando o día anterior o fútbol e sen dormir... eso quítache dous minutos na carreira polo menos.
Kurty tamén apareceu por alí, que jrasia tiña, semellaba moi ledo despois da carreira.
Admin estaba por alí tamén, semellaba feliz.
Como non , estivemos con
parispl, con el intimamos un pouco máis, será que é novo no tema coma nos, e así faciamos piña,... non creo, fomos acollidos no grupo coma se nos coñecesemos de sempre todos; ánimo chaval, todo é comezar, saíuche unha carreira boísima, dentro de nada haberá que terche moito respeto, vas estar ahí arriba segundo parece.
keniatablanco tamén falou un cacho largo con nós, moi atento él , se é que pareciamos unha familia todos os foreiros, hai moi bo rollo, así da gusto. Penso que cando
aaleex vaia para Santiago, xa lle queda pouco para marchar,
keniatablanco vai ser unha referencia moi boa para el; da a sensación de ser unha persoa moi sacrificada, que lle gusta chegar o límite, vese que vai a por todas dentro das súas posibilidades, ¡¡¡e como anda o moi c.....!!! Vaime custar bastante porme o teu nivel,
keniatablanco, pero ten seguro que máis cedo que tarde estarei bufando ás túas costas, e non so durante un km. E case máis nada, sacamos as fotos dos premiados, e aínda viñeron
Lubo e
parispl a falar outro pouco e despedirnos.
A verdade é que así da gusto.
P.D. Menudo ladrillote. Fin da redacción.