Lun, 17 Xuñ 2013, 11:56
Asunto: Re: zapas barefoot
pois eu levo uns 6 meses
sobrio 
Enténdase a metáfora
personalmente estaba moi limitado polos xeonllos tras moitos anos correndo, desde que cambiei a forma de correr baixou drásticamente o meu consumo de ibuprofeno
Pero si, podeste lesionar exactamente igoal se fas o burro, entrenas sen estar recuperado, segues correndo cando non debías. Tamén podes torcer un pé nun mal apoio, unha rotura fibrilar, elongación dun ligamento, sobrecargas,... E tamén sobreentrenamento, anemia, .... Sigo?
O que quero dicir é que é outra forma de correr, non o remedio a todos os males.
No meu caso particular so atopei vantaxes ate o de agora.
Onte corrín no trail do Barbanza con uns tenis minimalistas (zero drop, flexibles, sen amortiguación), que nin tan siquera son de trail, sen problema ningún.
Trátase dun proceso gradual, de meses, e que debe ser tomado con paciencia e sentidiño. Non poñerse a correr un 10k descalzo (ou minimalista) dun día para outro.
E non se trata de cambiar uns tenis por outros,
trátase de cambiar a forma de correr, e a mellor forma de aprender é .... correr descalzo!!!!
-- Chámame "ghose"