beauvais escribió: |
Pois pouco a pouco meu. Animo!!!!! |
Aguita escribió: | ||
Graciñas compañeiro. Hoxe tovou visita o fisio e logo outros 50 minutos de trote suave, as molestias continuan, sobor de todo nas subidas. |
Aguita escribió: |
Iste fio estaba moi parado, ainda que o dono non, mais as poucas ganas de escribir unidas os adestramentos anárquicos que estaba a levar fixeron que chegara a ista situación, ademáis era preciso algo especial pra retomar a marcha, i ese dia chegou nun marco incomparable e en gran compañía, asi foi : Domingo 04/12/11 Adestramento po la Serra do Courel na compañía do grande Pedro(Igor), foron 19kms en 2horas e 15minutos, aproximadamente, escomenzamos o adestramento cos frontales acesos, e pouco a pouco, entre a fina chuvia que caia, e a neboa, foi despertando o dia, a paixase era espectacular, a temperatura idónea e os camiños, apesares da chuvia, estaban en bastante bo estado, o Pedro esta en boa forma, e nalgunha costa, tivo que esperar por min. Foi un bo adestramento, gracias Pedro. Espero voltar a retomar a continuidade dos meus adestramentos e manter este fio vivo |
Aguita escribió: |
Continuamos adestrar, o luns 8 km de recuperacion tras a participacion no Fell Race na serra da Freita, unha proba de puro disfrute e libertade, cada un buscando o percorrido que quere. Onte, mercores, 12kms, estou a correr a ritmos por enriba dos 5 min/km, trantando de manter as pulsacions sen pasar das 140/150 (nas subidas). Estou adestrando por asfalto e iso, añadido a soledade, fai que os adestramentos resulten un chisco aburridos, mais ai que tratar de non perdela forma |
beauvais escribió: | ||
Teremos que facer un CARMA entreno non vaias cair en depresión |
Aguita escribió: |
Hoxe foi un adestramento especial por moitos motivos: percorrin corredoiras e camiños po los que ia de cativo de camiño o colexio, outros po los cales adestrei un monton de veces, e sobor de todo porque seria o cumpleanos de meu pai, e a el esta adicado este dia, sentia que estaba acompañandome, e como tantas veces cando chegaba a casa, despois dun adestramento, a pesares de non entender moi ben o que estaba a facer, sentia que respetaba a miña locura. Foi un adestramento de 3horas, pra uns 19,5Kms, pasando po lo pazo de Santa Cruz, praia de Beluso, bordeando toda a costa ate cabo Udra, a pesar de tirarme uns 20 minutos pra percorrer uns 100 metros, abrindome camiño entre as silvas e os fentos, xa que cheguei a un punto no que o camiño remataba, mais non se podia voltar, isto e parte do xogo, je,je; logo seguin ate a praia de Lagos, e despois, todo po las rochas, co mar os meus pes, ate a praia de Bon, finalmente tocou rematar pisando asfalto. Todo isto aconteceu en Bueu, o meu pobo. Felices festas pra todos os que se pasan por aqui, e pros demais tamen. |