Brasillas escribió: |
Amigo josedebon, te permmito casi todo, pero desde la organizacion quiero decirte, que la patela de marisco no es cosa nuestra, sino de una persona que colabora todos los años con ese premio. Lo de las camisetas esta muy bien, pero siempre y cuando tengammos presupuesto para eso. Te animo a que organices una carrera, y ya veras que no es tarea nada sencilla. |
marinela escribió: |
Atopades algunha diferencia entre estas dúas fotos? Podio 5 Primeiros Homes Grove Podio 5 Primeiras Mulleres Grove Digo eu que debería haber igualdade homes-mulleres e populares-profesionales, ou é que solo salen na foto os deportistas de alto nivel?. Con moito esforzo, a miña compañeira Sara Pérez e máis eu demos alcanzado a meta de lograr un posto no podio femenino, e cal é o resultado? Que como non somos grandes estrellas pois non merecemos salir nunha foto. Esta é a miña opinión personal, pero reafirmo as opinións dos compañeiros que postearon arriba. O nome da carreira é XIII Carreira POPULAR Festa do Marisco A carreira é magnífica en canto a percorrido e a organización se refiere, pero pérdese todo o espíritu POPULAR cando empezan a salir á luz os premios para as grandes estrellas. Dase máis importancia a que acudan grandes nombres á carreira, que a que a participación sexa elevada. A carreira fana os populares, o pelotón multicolor, os grandes nomes poñen a guinda, pero unha Carreira Popular non debe basarse neles. Prefiero 50 veces detalles como unha lata de conserva a cada participante (por poñer un exemplo) que non 50 euros por quedar quinta e levar a desilusión de non aparecer na foto do podio (aínda que alí estivese). Moita xente sabe que normalmente subo fotos de todas as carreiras nas que participo, pero penso que esta vez non se merecen Saludos ós populares |
Marcos escribió: |
Tamén me gustaría dar a miña opinión. Igual que os correlegas Supermorais e Brasillas, ademais de correr habitualmente nas carreiras populares, tamén colaboro na organización dunha, polo que teño a sorte de poder ve-las cousas desde os dous lados. A cuestión é que nos últimos tempos estamos pasando de facer críticas constructivas que, ademais de necesarias, son moi ben recibidas polas organizacións, xa que lles fan mellorar aspectos que doutro xeito non houberan reparado en eles, a facer esixencias sobre o funcionamento. Fálase demasiado da temática popular/elite, federado/non federado, profesional/amateur, ou como queirades chamalo, e os que protestades non vos dades conta de que uns non poden existir (en carreiras populares) sen os outros. O que fai que unha carreira sexa importante e poida ter máis medios (entre outros para os populares) é a participación dun plantel de corredores de elite que lle dean nome. Ou acaso credes que as empresas van a aportar cartos (ou o que sexa en especie) se o evento non vai ter unha mínima repercusión mediática. É precisamente esta repercusión nos medios o que fai que as empresas teñan un interés en patrocinar unha carreira. Por outra banda, os premios sustanciosos atraen ós corredores de elite. É como unha pescadilla que se morde a cola, pero na que o beneficiado é, precisamente, o corredor popular. Por outra banda, non entendo as esixencias que se lle fan ás organizacións (desta e doutras) sobre o que dan ou deixan de dar, máxime cando se trata de probas TOTALMENTE GRATUÍTAS. Levo corrido decenas e decenas de carreiras, e salvo a esixencia de haxa seguridade durante a proba (cousa obvia), nunca se me ocorreu pedirlle nada a unha organización. Xa bastante fan con perder o seu tempo en agasallarnos coa organización dun evento deste tipo. Queredes esixir. Pois pagádeo. Unha carreira deste tipo custa entre 20 e 30 € por corredor (non 2, nin 3, nin 5 eurillos como se veñen cobrando). É moi fácil solucionar o problema, págase o custo real e xa podemos esixir, igual que un concerto, que unha peli de cine, unha obra de teatro, etc.... pero non gratis. A min tamén me gustan os refráns, e hai un que di que "É de ben nacidos ser agradecios". Non matemos a galiña dos ovos de ouro. Marinela, parece mentira que non recoñezas o teu erro. Coñezo a Supermorais e o que insinúas está fora de lugar. Unha disculpa sería o correcto. É a miña humilde opinión, agora non a tomes comigo. Brasillas, Supermorais e demáis membros e colaboradores, moitas gracias por perder o voso tempo en esto. |