Mar, 23 Ago 2011, 14:38
Asunto: XIV Carreira de Santa Uxía (Ribeira)
Chegamos á 14ª edición desta carreira, na que vai haber varias importantes modificacións sobre anos anteriores:
1º Cambio nas datas: do tradicional domingo pola mañán, pasa a celebrarse este ano na tarde do sábado (18.30 horas).
2º Celebrarase unha única carreira de 10.000 metros para corredor@s nacidos antes de 1993. As categorías menores contarán con probas propias o 1 de outubro.
3º A pesar de manterse a distancia de 10.000 metros, en vez de dúas voltas de 5.000 metros, van darser 3 de 3.333 metros. Basicamente mantense ó circuito, pero en sentido contrario e sin a zona do muelle comercial.
Posiblemente ó longo do día de mañán se publique todo o regulamento na web de riveira.es, estando un flecos pendentes de aprobación.
Seguiremos informando!!