Foros ›
Carreira Popular Río Mao en Bóveda
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xaneco

Novo foreiro
Novo foreiro
15/05/11
30 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Mai 2011, 22:47
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Moi boa carreira, si señor. Se non lembro mal, pois o ano pasado non puiden ir por mor dunha lesión, o percorrido e chan de todo, e percorre zoas moi verdes. Este ano non penso faltar. Por certo, o dos dorsais, o do chip e demais... son só caralladas. O importante é que se organicen carreiras, e que cada un dentro das súas posibilidades ofreza o que poda de boa fe. Por certo, non coñecía o dato da pancetada, creo que xa me está sabendo... jejejejejeje
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Mai 2011, 11:27
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Boas a todos.Vou facer unha breve descripción de como chegar a Bóveda dende as grandes cidades galegas,xa que nos correos que recibimos,esta sendo habitual que nos pregunten.
Dende Vigo ou Pontevedra:dirixirse pola A52 ata Ourense,onde colleremos a N120 ata Monforte.
Dende Ourense:dirixirse ata Monforte pola N120.
Unha vez en Monforte hai duas opcións,adentrarse na vila e atravesala toda en sentido norte buscando as indicacións de Lugo ata tomar a estrada LU546. A 10Km de Monforte por esta estrada xa está Bóveda
A outra opción para xente que veña de Ourense,Vigo,Pontevedra,e aforrarse o transito pola vila de Monforte,e tal e como veñen pola N120 continuar por ela uns 10 km ata atopar un desvío cara Lugo pola estrada LU652(os que viñeran correr a Ferreirúa se cadra xa saben de que desvío falo),e continuar por esa estrada uns 11km ata chegar a Bóveda.
Para os que veñan do Barco Valdeorras,Rua ou incluso do Bierzo,virán pola N120 en sentido Ourense ata chegar a ese mesmo desvío cara Lugo na LU652 que acabo de explicar
Dende Santiago:o mais rápido sería viaxar ata Lalín pola AP53,para logo despois tirar cara Chantada pola estrada PO533 pasando por Rodeiro,ata o Alto do Faro onde entraremos no corredor CRG2.1,e nas inmediacións de Chantada seguir cara Monforte de Lemos,Saviñao pola Lu533.Xa en Monforte buscar a saida cara Lugo que como xa comentei pola LU546 nos achega a Bóveda
Dende A Coruña,e a comarca de Ferrol,o mais sinxelo e coller a A6 ata Lugo.Dende aqui,obviamente camiño común para os que veñen dende Lugo,coller o desvío na A6 que marca Monforte de Lemos,e adentrarse na Via de Altas Pretacions(que non son tales jeje) que nos achega ata Sarria,pero seguiremos cara Monforte pola Lu546 que nos achega a Bóveda.
Por último,dende zonas da Mariña ou Terra Cha,terán que achegarse ata Lugo,e dende aqui seguir as indicacions xa dadas
Son estes percorridos orientativos,hai outras posibilidades.pensamos que´é a maneira mais rapida e comoda de achegarse a Bóveda,pero ante dudas,mellor preguntar.
Do resto,animar a xente que se anote par a carreira,xa somos mais dun cento de participante.
Saudos
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Mai 2011, 21:56
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Boas a todos.Aquí vos deixo os tempos e os nomes dos vencedores da absoluta do ano pasado:
Carlos garcía Expósito con 24`59" e ritmo km de 3:20
Luisa González Somoza con 30´17" e ritmo km 4:02
O circuito non é duro,ten algunha zona que si esta un día ventoso ralentiza os corredores,pero en xeral é asequible.
Calquer dúbida,por aquí andamos
Saudos
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Mai 2011, 22:25
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Boas a todos.Como temos ré
cord de inscritos,van vir corredores que sexa a primeira vez que corran en Bóveda.Vou facer unha breve descripción do circuito,sempre pode ser de axuda a aqueles que tenten facer marca persoal.Empezamos cun pequeno percorrido por un par de ruas de Bóveda,para dirixirnos cara o primeiro paso por riba do río Mao e completar un primeiro km moi rapido e sin mais dificultade que a saida en pelotón.Entre o km 1 e o 2 podemos dicir que llano,un pouquiño favorable,pero que nin se nota.Aquí poden entrar en xogo dous factores que o fagan mais duro:o vento e o sol.De soprar vento norte como soe ser habitual,axudaranos,pero ollo xa que de regreso a meta este tramo e común(como xa comentarei despois) e daranos en contra.Como digo tamén tramo exposto ó sol.A predicción fala de tormentas,crucemos os dedos para que veña de tarde como adoita facer por estas terras.Entre km 2 e 3 achegamonos de novo o río e sin chegalo a cruzar ainda,hai mais arboredo que nos protexe do vento.Tamén e chan e rápido.Do km 3 ó 4,un dos tramos mais fermosos da carreira,rapido,practicamente chan pero con leves tobogáns de 20 ou 30 metros,pegados o río que da nome a carreira,para chegar a poboación de Ribas Pequenas,onde cruzamos por segunda vez o cauce fluvial,e onde está situado o avituallamento.Do km 4 ó 5,volta ser un pouco mais duro(nada doutro mundo jeje),pica un pouco para arriba,e novamente o vento e o sol inflúen.Todo depende da compoñente ca que sopre ese día o vento e da intensidade co que o faga.
Xa entre o 5 e o 6,descenso e subida dun paso subterráneo( é dicir 40 ou 50 metros),adentramonos no pobo de Ver,pasamos por estreitas rúas,que permiten levar un ritmo alto,para practicamente rematar este km co paso novamente por terceira vez do Mao.Neste punto voltamos a esa parte do circuito común xa comentada que nos achega ata meta(é dicir,o primeiro km e medio e dende o 6 ata meta,e o mesmo pero en sentido contrario)onde o sol e o vento poden facer a nosa carreira mais costosa.
Agardo que fora do voso agrado este breve resume,e si alguén do foro xa ten participado en edicións anteriores,podrá tamén comentalo
Saudos a todos
BaoEs

Mods
Mods
29/11/07
700 Carreiras
1637 Mensaxes
O Barco de Valdeorras (OURENSE)
Respostar citando Envío Dom, 29 Mai 2011, 18:10
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Efectuada esta bonita carrera de BOVEDA.....
Muy buen trato y un lugar muy pintoresco a orillas del RIO MAO
Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
vistahermosa

Montañés
Montañés
28/02/10
145 Carreiras
1431 Mensaxes
Terra de Afiadores
Respostar citando Envío Dom, 29 Mai 2011, 18:25
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Excelente carreira, e como di o amigo BaoEs moi ben por parte da organizacion. Unicamente quisera facer unha recomendacion pa vindeiras edicions, o meu modesto entender a saida da carreira absoluta teria que ser un pouco antes, pois por estas datas o calor apreta do lindo e por momentos faise moi dura a carreira, bastaria con deixar algunha carreira dos pequenos pa despois da grande, solo e unha idea, e repito grazas polo excelente trato amosado cos participantes.
Vemonos o ano que ben, un saudo
ivanno

Maratoniano
Maratoniano
14/12/08
139 Carreiras
887 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Mai 2011, 21:29
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Un aprobado para esta modesta carrera.

El recorrido quizás no fuera una maravilla, de hecho pensé que discurriría por las orillas del río Mao o por una zona de ocio fluvial como por ejemplo en la carrera de Lalín. El calor y la falta de sombras tampoco ayudó. En fin, suerte con futuras ediciones
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Mai 2011, 21:47
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Boas a todos.Primeiro de nada e dadas as circunstancias,vou empezar por presentarme.Chamome Xil Traveso e ademáis de ser corredor popular son membro activo da asociación Horticelos organizadora de esta carreira.Non fai mais dunha hora que dous compañeiros meus veñen de rematar as clasificacións,e dicir,levamos dende as 8 da maña inmersos neste evento popular.Como ben sabedes moitos de vos,non fumos capaces de xestionar as clasificacións en tempo e forma para a entrega de trofeos.Xa estan enviadas o correo de correrengalicia para que as publique.Neste intre,podo dicir que caigo co sono,mañá con calma explicaremos o que pasou,e por suposto que atenderemos todas as reclamacións que podan xurdir.Pero non quería marchar a durmir,sen pedir publicamente perdón en nome do colectivo Horticelos.Certo é que levei unha gran alegría o ver mensaxes neste mismo post de parabéns,pero iso non cambia a realidade do que pasou na entrega de trofeos da absoluta.
Insisto,mañá é outro día,pero a groso modo,a tormenta provocou cortes de luz que conlevaron a que folla de excel que estabamos a manexar,alterara os datos,e nada saise ben,polo que foi mellor non entregar os trofeos,e mandalos de forma segura os ganadores,xa que en liña de meta tomouse nota por escrito do dorsal e o tempo de todos,pero tivemos que repasar os correos de inscripción de todos para verificar as datas de nacemento,e asi poder xerar unha lista de premiados.Esto foi moi lento,e a estas horas podovos decir que hai membros da asociación que estan derrotados.
Tedes a miña palabra que estarei neste post nos vindeiros días para aclarar todo o necesario,e que no correo da asociación(a.c.horticelos@hotmail.com) podedes formular as queixas ou dudas que queirades-
Dicir que esta é a cuarta edición,e que nunca tal nos pasara,pero somos humanos e aquí estamos-
Saudos a todos
Magono

Montañés
Montañés
20/03/11
292 Carreiras
741 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 30 Mai 2011, 8:08
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Tranquilo X-Trave, lo de los premios fue una pena pero no es tan importante y se puede solucionar, por lo demás todo perfecto, kms marcados, cruces señalizados, avituallamiento en carrera y meta, camiseta. Y si esto fuese poco, la panceta, que estaba muy rica así que gracias.
pablo1969

Maratoniano
Maratoniano
28/06/10
28 Carreiras
175 Mensaxes
Sandiás
Respostar citando Envío Lun, 30 Mai 2011, 8:22
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Magono escribió:
Tranquilo X-Trave, lo de los premios fue una pena pero no es tan importante y se puede solucionar, por lo demás todo perfecto, kms marcados, cruces señalizados, avituallamiento en carrera y meta, camiseta. Y si esto fuese poco, la panceta, que estaba muy rica así que gracias.

Coincido con Magono, unha fermosa e entrañable carreira onte no concello de Boveda. Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso os da organizacion e a os veciños pola boa acollida que nos tiveron, nun segundo plano, queda o do horario, o dos problemas informaticos. Un saudo desde o concello de Sandias.
espadana

Montañés
Montañés
9/05/10
0 Carreiras
489 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Mai 2011, 15:42
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Felicidades por la carrera muy buen trabajo y esfuerzo, solo un comentario a mucha gente se le hizo nuy dura por la calor creo que en esta epoca a las 11 seria la hora ideal.
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Lun, 30 Mai 2011, 23:22
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

A min, contrariamente a outras opinións, gustame moito o circuito. Unhas das carreiras preferidas do ano. Este ano quedeime lonxe do 6º posto do ano pasado, pero eso xa son gafes do estado de forma Disimulando

Socio fundador del club de fans de Safardatxo
-------------------------------------------------------
Ni Religión, ni Rey, ni subcontratas
X-Trave

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/06/06
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 31 Mai 2011, 21:52
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

Boas a todos novamente.Primeiro de nada quixera agradecer as mostras de cariño que recibimos por parte dos participantes,restandolle importancia ós atrancos que tivemos para xestionar as clasificacións e os trofeos.A día de hoxe creemos que xa se solucionou todo,e ainda que non demos contactado con todos os premiados,si ca inmensa maioría,e todos nos felicitaron a pesar da metedura de pata.Son detalles que animan a seguir con esta carreira.Os poucos que quedan por contactar,ou xa se lles mandou mail,ou teñen algunha chamada perdida nosa.
En definitiva o que pasou foi que se descuadrou na folla de calculo as edades dos participantes,e no momento de premiar por categorías,saian senior por veteran,ou viceversa,é dicir un caos que houbo que revisar con calma.Pero sabiamos que chegariamos a un bo final,xa que tiñamos a certeza de que todos os participantes,correran co seu dorsal ben identificado,e nas actas de meta,feitas a man,estaban ben rexistrados os tempos.Unha vez mais pedimos disculpas,e aquí estamos para aprender.
En canto o tema do calor,foi esaxerado,un bochorno extremo que fixo moita mella nos corredores.Tentaremos adiantar a hora en futuras edicións,pero tampouco queremos que sexan os mais cativos os que teñan que soportar ese sol.Todo se estudiará para chegar a unha boa meta.
Saudos a todos
Xulio

Novo foreiro
Novo foreiro
31/05/11
10 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Xuñ 2011, 22:49
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda

As miñas felicitacións por esta excelente carreira, cun percorrido atractivo e unha excelente organización. Respecto dos atrancos nas clasificacións penso que é unha cousa secundaria, sobre todo se temos en conta que foron por causas alleas a organización.
Estarei encantado de repetir para o ano que ven.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos