Lun, 23 Mai 2011, 11:27
Asunto: Re: Carreira Popular Río Mao en Bóveda
Boas a todos.Vou facer unha breve descripción de como chegar a Bóveda dende as grandes cidades galegas,xa que nos correos que recibimos,esta sendo habitual que nos pregunten.
Dende Vigo ou Pontevedra:dirixirse pola A52 ata Ourense,onde colleremos a N120 ata Monforte.
Dende Ourense:dirixirse ata Monforte pola N120.
Unha vez en Monforte hai duas opcións,adentrarse na vila e atravesala toda en sentido norte buscando as indicacións de Lugo ata tomar a estrada LU546. A 10Km de Monforte por esta estrada xa está Bóveda
A outra opción para xente que veña de Ourense,Vigo,Pontevedra,e aforrarse o transito pola vila de Monforte,e tal e como veñen pola N120 continuar por ela uns 10 km ata atopar un desvío cara Lugo pola estrada LU652(os que viñeran correr a Ferreirúa se cadra xa saben de que desvío falo),e continuar por esa estrada uns 11km ata chegar a Bóveda.
Para os que veñan do Barco Valdeorras,Rua ou incluso do Bierzo,virán pola N120 en sentido Ourense ata chegar a ese mesmo desvío cara Lugo na LU652 que acabo de explicar
Dende Santiago:o mais rápido sería viaxar ata Lalín pola AP53,para logo despois tirar cara Chantada pola estrada PO533 pasando por Rodeiro,ata o Alto do Faro onde entraremos no corredor CRG2.1,e nas inmediacións de Chantada seguir cara Monforte de Lemos,Saviñao pola Lu533.Xa en Monforte buscar a saida cara Lugo que como xa comentei pola LU546 nos achega a Bóveda
Dende A Coruña,e a comarca de Ferrol,o mais sinxelo e coller a A6 ata Lugo.Dende aqui,obviamente camiño común para os que veñen dende Lugo,coller o desvío na A6 que marca Monforte de Lemos,e adentrarse na Via de Altas Pretacions(que non son tales jeje) que nos achega ata Sarria,pero seguiremos cara Monforte pola Lu546 que nos achega a Bóveda.
Por último,dende zonas da Mariña ou Terra Cha,terán que achegarse ata Lugo,e dende aqui seguir as indicacions xa dadas
Son estes percorridos orientativos,hai outras posibilidades.pensamos que´é a maneira mais rapida e comoda de achegarse a Bóveda,pero ante dudas,mellor preguntar.
Do resto,animar a xente que se anote par a carreira,xa somos mais dun cento de participante.
Saudos