Lun, 04 Abr 2011, 8:02
Asunto: Re: I Carreira de monte e andaina "Pozo do Demo" ( Verín)
¡Espectacular!
Así é como teño que definir esta carreira-escalada

.
As miñas felicitacións á organización e a
Nopudoser. Primeira edición e xa roza a matrícula de honor.
Pode que para os super-especialistas fose unha proba sinxeliña, pero para os populares desde logo que é unha carreira que nos arrima un pouquiño ó mundo da montaña (e creo que en máis dun caso, enganchou xa).
Avituallamento no cumio do Everest (eu incluso tiven a sensación de subir máis alto

). Todo perfectamente sinalizado. Xente da organización por tódalas partes.... e o xantar listo no pavillón ¡menuda zampada!

.
Se queredes un pequeno "pero", algún da andaina comentoume que non lle gustara o percorrido final e facelos entrar "pola porta de atrás"

en vez de pola meta.
En canto á miña carreira... pois dentro do esperado. A verdade e que os famosos 300 m ó 34% foron peor do esperado. Por primeira vez na miña vida tiven que botar a andar nunha carreira ¡menuda parede!.
Xabi creo que non nos quixo asustar moito ós profanos na materia. Polo demais, non me queixo, tempo dentro do que nestes momentos podo facer.
Antes da saída puden saudar a
Tartarugo. Creo que estabamos os dous (coma moitos creo) un pouco á espectativa, pensando «qué será o que nos espera...».
En resumo, un excelente día en Verín.
Por certo, unha preguntiña para os que tendes aparellos de medir distacia con GPS e esas tecnoloxías: os quilómetros 6, 7, 8 e 9 ¿estaban ben marcados? É que me deron uns tempos rarísmos neses pasos.
Dende logo que o ano que ven repetirei. Vémonos na Estrada.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es