Mar, 19 Out 2010, 21:31            
            Asunto: Carreira en Lalín
          
          
          Como ben sabedes a maioría, a carreira de Lalín celebrábase
no mes de Setembro. Este ano, ante o aparente desinterés do
Concello optamos por non celebrala, pero agora, parece que 
recapacitaron e están desexando facela, eso sí, en novas datas,
e por isto que estamos pensando organizala para o mes de
febreiro. Un mes no que o calendario está un pouco deserto
no que o tema de carreiras se refire. Tivemos unha xuntanza
co concellal de deportes e temos que recoñecer que a 
impresión acadada na mesma foi moi positiva. Que vos parece
a nova data?. Estamos pensando en que como coicide no mes
do cocido,  aqueles corredores e acompañantes interesados
en vir a Lalín poidesen ter algún tipo de desconto si se quedan
a comer na nosa vila. Parécebos interesante esta iniciativa?
   Esperamos suxerencias para a próxima reunión co concellal
o día 4 de Novembro.