Lun, 11 Out 2010, 13:20
Asunto: Re: I Carreira Urbana "Festas do Cristo" no Concello do Porr
Sí, así é.
Gracias DoctorSlump!.
Antes de nada, debemos pedir disculpas polo retraso das clasificacións, xa que tivemos problemas có servidor. Esperamos que non se volva a repetir.
Gustaríame agradecervos a vosa participación, así como pedir disculpas ós que tivestes que aturar algún problema de última hora coa entrega de dorsáis. O tema de inscribir á xente á última hora, xogounos unha mala pasada, que seguro para o ano non volve a acontecer.
A nosa intención con esta carreira, foi a de tentar introducir nos hábitos das carreiras populares a carreira curta, de feito estivemos a piques de introducila no circuito de Correr en Galicia para que a xente se animara. O problema foi que ó ter dúas carreiras de adultos (federados e populares) o complicaba.
Algunha xente comentounos que igual estaba mellor facer a carreira federada e popular en conxunto. Se non fixemos isto, foi para que a xente que corre populares non se desanimara por medo a quedar en evidencia (cousa que non compartimos).
Creo que a xente do Club Atletismo Porriño, quedou con ganas de voltar a repetir para o ano que ven.
Si todo vai ben, esperamos consolidala como unha clásica entre as federadas e populares.
Un saúdo a todxs.
Club Atletismo Porriño