Sáb, 25 Set 2010, 19:24
Asunto: Re: Medio Maratón Ibercaja Cidade de Vigo
Fun hoxe ás 15:00 a recoller o meu dorsal e, efectivamente, non había tal carpa, pero había carteles por toda a rúa Montero Ríos con flechas que indicaban onde era a recollida de dorsais. Era cuestión de seguilos e listo.
Para aqueles que non coñezan Vigo, simplemente tedes que localizar o edificio administrativo da Xunta de Galicia e a recollida de dorsais é nun local que hai na praza contigua (a praza da Estrela). Alí está montado todo o tinglado (gradas, palco, vallas,...), polo que me imaxino que tamén será alí mañá a recollida de dorsais. Déixovos un enlace a Google Maps para que vos situedes
maps.google.com/maps?f...1&t=h&z=19
Non lle deamos tanta caña á organización, que con tanta crítica estámoslles quitando as ganas de organizar nada.
Gracias a todos os que organizan esta carreira e vémonos mañá.
Estrénome nesto das 1/2 maratóns, polo que para min será un día moi moi especial. Terían que saír moi mal as cousas para que mañá teña algo que criticar. Sorte a todos e máis positividade.