Sáb, 18 Set 2010, 11:11
Asunto: Re: CARSantiago
Bos días rapaces e rapazas!!
Xa sabedes que non son moito de escribir, pero esto teño que comentalo con xente que me entenda.
Onte fun facer a compra e resulta que cando estaba paseando co carrito chamoume a atención un paquetiño que había na sección de productos dietéticos, bueno xa sabedes, onde están os biocentury e estas cousas. O paquetiño en cuestión era de levadura de cerveza, xa escoitara falar das propiedades que tiña e de que era moi boa para os deportistas, así que lle botei a man e despois de ler as maravillosas propiedades nutritivas que tiña metino no carriño.
Pola noite despois de entrenar, estirar, ducharme... decidín cear algo, e acordeime da jodida levadura de cerveza, así que púxenme a picar unhas cuantas frutas nun bol e añadínlle cereais, muesli, a levadura de cerveza un yogurt natural, e un pouquiño de leite. Xa estaba a pensar no ben que me iban quedar as pernas para o rodaxe do día sequinte, cando me poño a comer... sinceramente facía tempo que non probaba algo tan malo, e mirade que son máis omnivoro que un porquiño!! foi a primeira vez en moitos anos que tiven que tirar a comida porque non fun capaz de tragala, non pasei da primeira cucharada.
Polo menos espero que a experiencia me resulte de utilidade:
- Cando note as pernas cansadas e vexo que non recupero ben, pois haberá que descansar un pouco, e non intentar engañar ó corpo, que é moi listo.
- Cando teña ganas dun alimento rico en nutrientes, pois unha boa chuleta de ternera ou un chocolate ben espeso.
- Es sobre todo, cando queira levadura de cervexa, pois unha estrella, galicia ou dawn, pero UNHA ESTRELLA!!!
Bueno, despois de todo este rollo espero que os entrenos vos estén indo moi ben e que non cometades o mesmo erro ca min.
Por certo, este mércores creo que vou estar por Santiago, así que espero poder pasarme pola sede social do CAR e tomar unha cervexa de esa que sabe rica.
un abrazo