 
             
          
             Lun, 23 Ago 2010, 6:53
          
          
            Lun, 23 Ago 2010, 6:53            
            Asunto: Re: XIX Carreira Popular Gundian 2010
          
          
          Bos dias a todos:
En contestación as distintas mensaxes de se se vai facer a carreira de Gundián ou non, adxunto deixo a información. Comentar que o circuito é o mesmo do ano pasado.
19ª   CARREIRA  POPULAR
[align=center]“GUNDIÁN    2010”
PONTE  ULLA
[/align]
	A Comisión Organizadora vén de presentar a “19ª Carreira Popular Gundián  2010” en Ponte Ulla.
	A proba celebrarase o vindeiro domingo, 12 de setembro, a partir das 10, 30 da mañá con saída en Ponte Ulla e chegada na ermida de Gundián, cun circuíto de aproximadamente catro quilómetros, que discorre polas marxes do río Ulla.
	Estabelécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
		A.-  Até 8 anos (nados/as do 01 ao 2.010)
		B.-  De 9 a 12 anos (nados/as do 98 ao 01)
		C.-  De 13 a 15 anos (nados/as do 95 ao 98)
		D.-  De 16 a 18 anos (nados/as do 92 ao 95)
		E.-  De 19 a 35 anos (nadas do 75 ao 91): Feminina
		       De 19 a 40 anos (nados do 70 ao 91): Masculina
F.-  Maiores de 35 anos : Feminina
      Maiores de 40 anos: Masculina
	Os/As vencedores/as absolutos/as recibirán 180 Euros (1º), 100 Euros (2º) e 75 Euros (3º) tanto na categoría feminina coma na masculina, amais do correspondente trofeo.
	Os/As primeiros/as e segundos/as clasificados/as de cada unha das categorías recibirán trofeo e vales para material deportivo por valor de 50 Euros e 35 Euros respectivamente.
	Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (ningún/ha corredor/a recibirá máis de 1 premio).
	Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten o D.N.I. ou Libro de Familia (Fotocopias).
	Haberá trofeos para os primeiros/as clasificados/as da parroquia en cada categoría.
	Cómpre destacar tamén que haberá medallas conmemorativas para todos/as os/as participantes de todas as categorías, trofeo para o/a máis novo/a e para o/a máis veterano/a da carreira, camisetas “Gundián  2010” para os/as primeiros/as 200 corredores/as e degustación gratuíta de “Coca-Cola”, “Donuts” para todos/as os/as participantes  e “ Shak ” ( exceptuando os rapaces ate 18 anos ) .  Sortearase unha BICICLETA DE MONTAÑA  entre os/as corredores/as ao remate da entrega de premios.
	As inscricións poderanse realizar no “BAR  RÍOS” en Ponte Ulla (Vedra) até 15 minutos antes do comezo da carreira.
						Ponte Ulla, Agosto de 2010.
Un saúdo a todos