Sáb, 14 Ago 2010, 13:09
Asunto: Re: Carreira festas do monte de A Guarda
Moito me gustou a carreira. Primeiro e fundamental, o ambente. Ó ser unha carreira curta, e con dobre carril, moita xente animando, que é importante para xente coma mín que estamos todavía en pañais nesto das populares.
Logo, as carreiras dos nenos, moi bonitas. A ilusión coa que corren os 100 metros, os choros dos máis pequenos, as ilusións dos pais.... moi lindo todo.
E que tamén ten que haber carreiras curtas. Levo tres meses correndo, e se debutei en Redondela ( 6K a 5:40), onte mellorei bastante (3,8K a 5:00), claro que custoume ó final...
Parabéns a tódala organización. Pensando en que anotan a man a clasificación, para outro ano quizais sería bo ter un pouco máis de espacio. Eu tiven que parar a +-30 metros da liña de meta... polo demáis moi ben todo, sinalización, tráfico, bebida ó chegar, camiseta... e moita ilusión de todos. Noraboa de veras