Lun, 22 Mar 2010, 11:32
Asunto: Re: Marcha "Senda Verde do Xares". A Veiga (do Bolo)
Ola de novo...
Como comentaba o outro día, o Concello de A Veiga (nas Terras altas de Trevinca) ten previsto facer unha saída para percorrer a Senda Verde do Xares, que rodea todo o encoro de Prada, o Venres Santo (2 de abril).
A ruta completa, os 32 quilómetros, é de dificultade media/alta, e vai principalmente por camiños e está ben sinalizada. Eu fixen a primeira parte (unos 15 kms) en outubro e gustoume moito. Pero non estarei na aldea en Semana Santa para facer a ruta completa.
A marcha non é competitiva, senon que é un modo de coñecer o concello e a ruta.
O tempo estimado da ruta completa son 6 horas aproximadamente e pódese facer a metade e voltar ó inicio, para quen non a queira facer completa.
Para máis info (horas e lugar da saída) podedes contactar no Concello e ca oficina de turismo, nos teléfonos:
988 350 000 e 988 350 130
Ademáis están a preparar unha saída a Ruta das Lagoas de Trevinca para o sábado 3 de abril ás 9h30 dende o Hotel O Ciervo de Xares.