Lun, 04 Xan 2010, 12:41
Asunto: Re: IV SUBIDA O IROITE - 1 DE XANEIRO DO 2010
As prediccións meteorolóxicas non eran boas para a mañán do día primeiro de ano

, pero a pesares diso na liña de saída de Moimenta se superaban os trinta valentes participantes

(
aficionado,
anxinho,
boirinho,
panzudopobrense,
sochas,
koala36,
nacho_s1600,
KMPLO,
fuguillas,
mediterraneo,
manuafor, e seu pai, Abraham, Angel, Matías, Antonio, Fran, Rubén, Carlos, e o seu cuñado, Manolo, Cesar… e o resto) . Puntualmente deuse a saída da proba e xa nos inicios se formou un grupo cabeceiro duns nove participantes que subían a un forte ritmo, mentres o resto ian subindo cada un como podía

... O primeiro en chegar ao cumio do Iroite foi Rubén Caamaño cun estratosférico tempo de trinta e nove minutos

mentras que en categoría feminina houbo unha única participante que non tivo rival

… Finalmente a mañán estivo magnifica

, incluso soleada, e as vistas foron inmellorables, incluso arriba na meta puidemos disfrutar de bó tempo, algo bastante inusual, o que permitiu facer a entrega de trofeos no cumio ademais do tradicional brindis con champán ou chocolate para celebrar o comezo do ano
Despois algúns, a maioria, optaron por facer a baixada en autobús, algo inédito, mentres outros, os mais irresponsables

fixemos a baixada por terra, pero desta vez acompañados da choiva, algo tamén tradicional no día 1 de xaneiro.
Noraboa a todolos valentes participantes e ata o ano que ven