Sáb, 21 Nov 2009, 22:16
Asunto: Re: Maratona Porto 2009
Vou a ver se consigo responder por partes…
A
linkinpark e a
beauvais… moitas gracias, e coincido con vós, esperando que para a próxima poidamos coñecernos persoalmente e poñerlle cara aos nicks.
Tamén gracias a
Saisai polas súas palabras.
Felicitar a
Aguita pola gran carreira que fixo e pola gran crónica. Gracias tamén pola túa felicitación.
A
kandepalleiro… lamentar a súa retirada e que non puidese celebrar o seu cumpreanos cunha boa carreira. Pero por outro lado, penso que fuches moi intelixente e valiente porque tomaches unha decisión difícil coa cabeza fría…non se pode correr lesionado. Felicítote por iso e quédome coas túas últimas palabras… “eu voltarei”.

Ese é o espírito dos verdadeiros maratonianos, e seguro que a próxima sae mellor.
A
banderas, agradecerlle as palabras e felicítalo por ese pedazo de crónica co que nos obsequiou… Repito que foi un pracer cruzarme contigo e saudarte nos momentos previos a dar a saída.
A
Jeff, agradecerlle tamén as palabras de ánimo durante a carreira… lembro que me animaron despois de cruzarme con banderas, pero ignoraba que foses ti. Noraboa tamén pola túa carreira e pola crónica.
E a
fema, tamén agradecerlle que sempre teña esas palabras de cariño e de ánimo para min… eu tamén penso que teño marxe de mellora nesta distancia, pero supoño que primeiro teño que meterme na cabeza que a verdadeira maratón comeza no
km.30.

Seguirémolo intentando. E tamén coincido contigo no recoñecemento a tódalas organizacións de carreiras portuguesas que sempre valoran a presencia de corredores españois/galegos. Moitas organizacións de carreira galegas (sobre todo aquelas máis próximas á “raia”), deberían tomar nota…
Por certo, vístedes o vídeo oficial da carreira? A min encantoume.
Un saúdo e ata a próxima.
sexo, zume de melocoton & rock'n roll