Calendario
Info da proba

Valdoviño

16/06/2024 12:00 - 13:30
Regulamento PRESENTACIÓN
O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Federación Galega
de Atletismo, organiza a VII carreira “VOLTA ÁS FORCADAS”. A proba está incluída no “X
Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña” e no calendario oficial das competicións da FGA.
DATA E HORARIO
A proba disputarase o domingo 16 de xuño de 2024. Comezará ás 11:00 horas e a liña de
saída e meta estará situada no campo de fútbol Juan Sabín, Vilaboa, Valdoviño.
• HORARIO:
o 10:00 RECOLLIDA DORSAIS (ATA 45 MIN. ANTES DA HORA DE SAIDA POR
CATEGORÍA).
o 11:00 CATEGORÍAS DE BASE (DISTANCIA SEGÚN CATEGORÍA).
o 12:00 CATEGORÍAS SENIOR (DISTANCIA 9.200 m).
CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 9.200 metros nas categorías superiores e a
distancia indicada nas categorías de base. O percorrido transcorrerá sobre asfalto e a ruta
estará debidamente sinalizada. A carreira realizarase pola vía pública con corte de tráfico
rodado. Está prohibido usar como zonas de carreira outras non sinalizadas como circuíto.
Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das
persoas infractoras. A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de
forza maior.
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA. Ao longo do percorrido a
organización establecerá controis para regular a axeitada participación dos e das atletas.
UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e
deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen
manipulalo, e así deben levarse durante toda a proba. A organización non admitirá persoas
corredoras que non estean inscritas ou que corran sen dorsal e/ou chip, e impediralles ter
acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas regulamentariamente inscritas. Non se
permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente a outra carreira ou persoa, con máis
dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba.
A organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces. Todas as reclamacións
deberánselle facer verbalmente á xuíza ou xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba á ou ao atleta que
manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle
requira, ás e aos corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección
Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar á persoa infractora que non leve visible o
seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o
percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais sen
axudas materiais de ningún tipo. Non está permitido o acompañamento en ningún momento da
proba por ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non
rexistradas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas
participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento. Tampouco está permitida a participación con
animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
O incumprimento desta norma implicaría a descualificación dos atletas acompañados.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
MENORES
-Biberón Nados/as no 2019 ou posteriores - 100 METROS. 11:00 HORAS
-Sub 8 Nados/as en 2017-2018 – 100 METROS. 11:05 HORAS
-Sub10 Nados/as en 2015-2016 – 800 METROS. 11:10 HORAS
-Sub12 Nados/as en 2013-2014 – 1.200 METROS . 11:15 HORAS
-Sub14 Nados/as en 2011-2012 – 1.600 METROS. 11:20 HORAS
-Sub16 Nados/as en 2009-2010 – 2.500 METROS. 11:30 HORAS
-Sub18 Nados/as en 2007-2008 – 2.500 METROS 11:30 HORAS
ABSOLUTA
-Sub20 Nados/as en 2005-2006 – 9.200 METROS 12:00 HORAS
-Sub23 Nados/as en 2002-2003-2004 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
-Sénior Nados/as en 2001 ata 1990 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
-Máster 1 Nados/as en 1989 ata 1984 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
-Máster 2 Nados/as en 1983 ata 1974 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
-Máster 3 Nados/as en 1973 ata 1964 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
-Máster 4 Nados/as antes do ano 1964 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
PECHE DE CONTROL DA CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA
Unha hora despois da/o primeira/o clasificada/o da categoría absoluta.
INSCRICIÓN E COTA
A inscrición realizarase a través da url inserida na páxina web da Federación Galega de
Atletismo www.carreirasgalegas.com
Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59 horas do 10 de xuño de
2024.
A inscrición terá un custe de 3 euros por persoa participante (agás para menores de 18 anos
que será de balde)
ENTREGA DE DORSAIS
As/os atletas deberán recoller os dorsais, o mesmo día da proba no campo de fútbol Juan
Sabín, Vilaboa, Valdoviño, ata 45 minutos antes da saída da categoría na que estean
inscritas/os.
SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do
seguro obrigatorio deportivo. Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran
a parte posterior do dorsal indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese
(grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico
etc.), así como teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.
AVITUALLAMENTOS
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
PREMIOS CATEGORÍA MENORES
Nas categorías Biberón todas/os as/os participantes levarán unha medalla.
Entrega de medalla ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os en cada unha das categorías.
CATEGORÍA ABSOLUTA
Entrega de medalla ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os en cada unha das categorías.
CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
As/os tres primeiras/os clasificadas/os da clasificación absoluta xeral recibirán medalla.