Calendario
Info da proba

Santiago - Holi

08/06/2024 12:00 - 13:00
Regulamento Holi Gaiás, Santiago de Compostela

Data: sábado, 8 de xuño de 2024.
Hora: a partir das 11:30 h.
Distancia: 700 ou 5.000 m según categoría.
Web: Fundación Cidade da Cultura
Inscricións: Carreiras Galegas

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Regulamento Holi Gaiás 2024, Santiago de Compostela

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizará, o sábado 8 de xuño de 2024, a sexta edición da Carreira Holi Gaiás, unhas probas lúdicas que empregarán polvos certificados Holi Gulal de cores durante o percorrido, así como animación musical e zumba, tanto antes como despois da mesma.

As probas estarán suxeitas ao seguinte regulamento:
1. Poderán participar atletas federados e non federados. As probas estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces (Federación Galega de Atletismo). Está totalmente prohibido correr con animais.
2. A saída e meta das probas estará ubicada na Cidade da Cultura (Praza Central).
3. A hora de inicio das diferentes carreiras será ás 11:30 h.
4. Nesta V edición como novidade, teremos unha carreira “junior” (Peque Holi) destinada a nenos/as nados a partir de 2020 e ate 2015 que poderán correr acompañados dos seus pais/nais ou titores/as.
5. A idade mínima para poder participar será a das persoas nadas antes do 31 de decembro de 2020. A organización non se fará responsable dos atletas menores da idade mínima esixida neste regulamento, polo que non poderán participar na proba.
6. Haberá unha proba “junior” e unha proba conxunta infantil–adultos, nas cales as categorías e horarios serán os seguintes:

CATEGORÍA - ANOS DE NACEMENTO - DISTANCIA - HORA
Peque Holi* - 2020 e anteriores + 1 acompañante opcional - 700 m aprox. - 11:30 h
Infantil - Do 2009 ao 2014 - 5 km aprox. - 12:00 h
Adultos 2008 e anteriores - 5 km aprox. - 12:00 h
ENTREGA DE PREMIOS APROXIMADAMENTE ÁS 13:15 HORAS NO LUGAR DE SAÍDA/META

* Na Peque Holi os/as participantes poderán estar acompañados/as dun adulto, inda que o circuíto estará totalmente pechado e contará coa seguridade necesaria para que poidan correr sós.

INSCRICIÓNS
Os prezos da inscrición serán os seguintes dependendo das categorías:
• Peque Holi: 3 € / neno/a.
• Resto de probas: 5 € / persoa.

Contarán cun desconto do 20% na cota de inscrición para os seguintes colectivos*:
• Membros do Club Gaiás.
• Persoas xubiladas.
• Persoas en situación de desemprego.
• Persoas con discapacidades.
• Familias numerosas.
• Titulares do carné de estudante.
• Carné Xove.

Na Peque Holi cada inscrito poderá levar un acompañante adulto, reflexando o dni e nome e apelidos do mesmo na inscrición (como titor/a ou acompañante). Este acompañante terá a súa inscrición gratuita.

*A documentación que acredita a bonificación será requirida polo departamento de carreiras galegas da Federación Galega de Atletismo ( www.carreirasgalegas.com).
As persoas interesadas na carreira deberán cubrir o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de inscrición en www.carreirasgalegas.com

Máis información en:
www.carreirasgalegas.com
www.atletismo.gal
www.cidadedacultura.gal

A organización establecerá un límite de 1000 participantes entre todas as probas. Unha vez chegada a esa cifra pecharase a pasarela de inscrición.
Para calquera dúbida ao respecto do proceso de inscrición poderán poñerse en contacto no teléfono 881 997 584 (Centraliña Cidade da Cultura de Galicia), ou no correo electrónico actividades.cdc@xunta.gal

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, marcado para o 5 de xuño ás 23:59 h nin se admitirán inscricións o día da proba.

PREMIOS
Existirán premios para:
• 3 primeiros clasificados na categoría infantil masculina. (5 km aprox.).
• 3 primeiras clasificadas na categoría infantil feminina. (5 km aprox.).
• 3 primeiros clasificados na categoría adulta masculina. (5 km aprox.).
• 3 primeiras clasificadas na categoría adulta feminina. (5 km aprox.).

A proba de 700 m non será competitiva co cal non terá trofeos.

DORSAIS DE PARTICIPACIÓN
A recollida de dorsais de participación realizarase nos seguintes prazos e lugar:
• LUGAR: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio do Museo, Sala Rega 1.
• Horarios e datas: Venres 7 de xuño de 16:30 h a 20:30 h.
Sábado 8 de xuño de 9:30 h a 11:00 h para a
Peque Holi e ás 11:30 horas para a carreira de adultos.

RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O VENRES 7 PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS DE ÚLTIMA HORA O DÍA DA CARREIRA.

CIRCUÍTOS
Os circuítos estarán publicados nas páxinas webs www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal de xeito previo á celebración das probas.
• A organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento. Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
• Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.

RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.



Información actualizada a 31/5/2024.