Calendario
Info da proba

Lugo

24/02/2024 11:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO CARREIRA POPULAR SOLIDARIA CPR LA MILAGROSA LUGO
O Colexio Plurilingüe A Milagrosa organiza a primeira edición da Carreira Solidaria
que se celebrará o día 24 de Febreiro a partires das 11 da mañá nas inmediacións do
noso centro educativo na nova praza de Ferrol.
Trátase dun proxecto desenvolto polo equipo directivo do centro no que promover
a actividade física e saudable para as familas dos nenos do colexio pero tamén de
fora del, cun obxectivo solidario: “Tus pasos su alimento”. Dedicado ao comedor
San Froilán de Lugo
Programa de actividades:
 Andaina solidaria: para todas as idades, tratarase dunha actividade non
competitiva que consistirá en dar 1 volta á muralla saíndo e chegando ao colexio.
 Carreiras de promoción para nenos en idade escolar:
o Carreira de pitufos: Carreira non competitiva para os máis pequenos,
poderán ir acompañados polos seus pais ou correr solos. Os que
participen solos estarán controlados en todo momento pola organización
ata que os recollan os pais ou titores na postmeta,
o Carreiras para as categorías menores: Competicións e distancias para as
diferentes categorías en idade escolar.
 Carreira para adultos: Competición para o resto de categorías
 Dorsal solidario: Poñerase a disposición de todo aquel que non poida participar
a posibilidade de comprar un dorsal solidario para colaborar coa nosa causa….
PERCORRIDOS
A Saída e a Meta estarán ubicadas diante do centro educativo (Pza. Ferrol). Para a
as categorías de menores estableceranse un número determinado de voltas de
500m ao redor da Deputación Provincial para configurar as diferentes distancias de
cada categoría. Os percorridos de Adultos sairán da praza de Ferrol, discorrerán por
diversas rúas para dirixirse a rampa de acceso a muralla e farán una volta completa a
mesma, finalmente regresarán facendo o mesmo percorrido de volta.
Os percorridos estarán debidamente sinalizados e controlados por voluntarios da
organización, policía e protección civil debidamente identificados.
Todas as carreiras estarán encabezadas e pechadas polas bicis da organización
Ver plano racemapp provisional: https://racemapp.com/proyecto/532-carreiracolexio-a-milagrosa
*Os percorridos poderán ser suceptibles de cambios no seu trazado por mor das
obras que estanse a realizar no casco histórico.
CATEGORÍAS, IDADES E ANOS DE NACEMENTO
Establecerase unha categoría por cada sexo
 PITUFOS: Nad@s en 2017 e posteriores
 SUB10: Nad@s en 2015 e 2016
 SUB12: Nad@s en 2013 e 2014
 SUB14: Nad@s en 2011 e 2012
 SUB16: Nad@s en 2009 e 2010
 SENIOR: Nad@s dende 2008 ata 34 anos
 VETERANS 1: de 35 a 44 anos
 VETERÁNS 2: de 45 a 54 anos
 VETERÁNS 3: de 55 a 64 anos
 VETERÁNS 4: de 65 en adiante
HORARIOS, COMPETICIÓNS, PERCORRIDOS EN DISTANCIAS
 11:00 SUB14 e SUB16: 2000m, (4 voltas de 500m)
 11:15 SUB12: 1500m, (3 voltas de 500m)
 11:20 SUB10: 1000m, (2 voltas de 500m)
 11:25 PITUFOS: 200m, (1 volta mini)
 11:30 ABSOLUTA: 4000m (saida praza de Ferrol, pza. San Marcos, Raiña, pza.
Maior, pza. Sta. María, Bo Xesús, dar unha volta a muralla e facer o percorrido
inverso de volta a meta)
 Andaina: sairá despois de que saia a carreria Absoluta
 12:00 ENTREGA DE TROFEOS
INSCRIPCIÓNS, PREZOS e PRAZOS
 Ao formalizar a inscrición todos os participantes aceptan o presente
regulamento
 A recaudación irá destinada ao comedor San Froilán
 Donativo voluntario: Para todo aquel que queira doar algunha cantidade a
maiores do plantexado pola organización poderá facelo no procedemento
de inscrición
 A inscrición inclúe: Seguro de accidentes, seguro de RC, servicios médicos,
avituallamento final, dorsal, cronometraxe e agasaio (camiseta)
As inscricións realizaranse do seguinte xeito:
 Pola web www.ccnorte.com
 Datos necesarios: NIF, NOME, APELIDOS, DATA NACEMENTO, SEXO, TALLA,
CLUBE (se o ten)
Prazos e prezos (propuesta para que valoréis)
 Dende 29 de Xaneiro ata 20 de Febreiro
o Carreiras menores 4,00€
o Andaina e Carreira adultos 6,00€
CAMBIOS, DEVOLUCIÓNS E CANCELACIÓNS
Política de devolucións: Dado o carácter solidario do evento, unha vez feita a
inscrición non se devolverá o importe baixo ningún concepto
Cambios na inscrición: Poderánse cambiar un participante por outro abonando 1€,
non se permitirá ningún cambio a partires do día 20 de Febreiro inclusive
*Cancelación do evento: No caso de que o evento se cancelara de forma definitiva
por causas de forza maior alleas a organización, ésta non terá a obriga de devolver o
importe da inscrición.
SECRETARÍA e ENTREGA DE DORSÁIS
A secretaría estará ubicada no propio centro, poderanse recoller os dorsais nos
seguintes horarios:
 Viernes de 18:00h a 20:00h
 Sábado dende as 9:00h ata as 10:30h
INFO IMPORTANTE PARA OS PARTICIPANTES
 Deben recoller o dorsal e chip nos horarios establecidos, non se entregará
material fora de ese horario
 Deberán estar preto da saída 5 minutos antes da súa hora oficial de saída
 Os propietarios de chip amárelo de championchip deben correr co seu chip
 Os que non teñen chip en propiedade deben devolvelo ao rematar a súa
competición
 Deben respetar as sinalizacións e voluntarios, policías e persoal de
organización
 Serán descalificados en caso de non completar o percorrido ou non respetar
as indicacións de calqueira persoa vinculada a organización
TROFEOS e PREMIOS
 PITUFOS
o Medallas para todos os pitufos, entregaranse ao chegar a meta
 CARREIRAS MENORES
o Trofeo para o primeiro de cada categoría e medallas para segundo e
terceiro
 CARREIRA ADULTOS
o Os trofeos son acumulativos
o Trofeo para o primeir@ de cada categoría e medallas para segund@
e tercer@
o Trofeo para @s tres primer@s de cada sexo
 Premios colexio Lotes de libros
o Primeiro e primeira de cada competición.
* Farase un sorteo de agasallos cos dorsais dos participantes una vez rematada a
entrega de medallas.
OUTROS SERVICIOS
 Avituallamiento
 Ambulancias
 Seguro de accidentes
 Servicios de voluntarios e control da proba.