Calendario
Info da proba

Pereiro de Aguiar

12/03/2022 11:00 - 12:00
Regulamento REGULAMENTO
1. ORGANIZACIÓN
Dentro dos actos conmemorativos do 8M, Día Internacional da Muller, o concello de Pereiro de
Aguiar, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, organizan o sábado 12 de Marzo
de 2022 a “I Carreira-Andaina da Muller”, unha novidosa iniciativa coa que se pretende
reivindicar e visibilizar a igualdade real entre mulleres e homes, sensibilizando á cidadanía na
consecución dun compromiso firme por unha sociedade libre de prexuízos e en igualdade de
oportunidades.
Con esta iniciativa, preténdese fomentar a práctica habitual do deporte e hábitos saudables,
cunha proba aberta á participación de toda a cidadanía, podendo realizarse tanto correndo
como andando, para que tanto a mocidade, veciñanza como a poboación en xeral únanse a
combater as desigualdades sociais e desfruten dunha xornada lúdica, festiva e reivindicativa.
2. PARTICIPANTES
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos (o día da proba) que o desexen,
sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.
3. INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse a través de https://www.carreirasgalegas.com/ entre o 24 de febreiro
e o 9 de marzo de 2022 ás 23:59 h.
Cota de inscrición:
- Carreira: 3€
- Andaina: 3€
Categorías da carreira:
Sub 16: Desde os 14 anos cumpridos o día da proba ata o 2007
Sub 18: Nacidos no 2005-2006
Absoluta: Nacidos desde o 2004 en adiante
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe, agás no suposto de suspensión
da proba por restricións para facer fronte á COVID-19 determinadas pola autoridade
competente.
4. DECLARACIÓN RESPONSABLE
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do/a atleta
dos datos que aporta.
No momento de formalizar a inscrición, os participantes estarán declarando a súa
responsabilidade sobre os seguintes termos:
- Que antes de saír cara a actividade deportiva teño realizado o auto test do SERGAS, non
manifestando ningún síntoma de COVID-19 (febre, tose, ou falta de alento).
- Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o protocolo de
prevención COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
- Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o Regulamento desta
proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
- Que cumpro os requisitos de admisión establecidos no documento Protocolo COVID
obriga de información e consentimento informado, non sendo grupo de risco.
- Que non convivo con ninguén que sexa grupo de risco, ou que no caso de que así sexa,
participa na actividade baixo a súa propia responsabilidade.
- Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade no contexto da
crise sanitaria provocada pola COVID-19, e que asumo baixo a miña propia
responsabilidade.
Esta declaración responsable fará referencia ao mesmo día da proba. Polo que, no caso de non
poder cumprir algún dos ítems anteriores, o/a atleta non tomará parte na carreira.
Aqueles participantes e acompañantes que veñan de fóra de Galicia e/ou estiveran nos últimos
catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica COVID, inescusablemente deberán
comunicarllo de forma veraz ao Servizo Galego de Saúde a través de
https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs no que ademais se especifican cales
son estas zonas. Esta comunicación deberá ser completada por cada un dos viaxeiros/as, que
serán responsables de que a información subministrada sexa veraz e precisa. En caso de
menores de idade, persoas dependentes ou incapacitadas, a declaración será cuberta polo seu
titor, que se fará responsable da veracidade da información subministrada.
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais e chips serán entregados o día 11 de marzo de 2022 en Run Maniak, Rúa Samuel Eiján,
9 – Baixo, 32003 – Ourense ou o mesmo día da proba na zona de saída ata 30 minutos antes da
carreira ou andaina.
Para retirar o dorsal cada participante deberá amosar o certificado de vacinación COVID ou a
aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación
máxima de 72 h. á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se
superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores
a celebración da proba.
Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente o dorsal no peito en todo momento, sen
dobrar nin ocultar, ben visible.
6. SAÍDA – HORARIO
A saída da carreira e andaina realizarase na Rúa do Regato (próxima á Casa do Concello de O
Pereiro de Aguiar)
- Hora Saída Carreira: 11:00
- Hora Saída Andaina: 11:05
7. PERCORRIDO
O percorrido terá unha distancia de 5,78 Km. e transcorrerá polas seguintes vías: Saída Rúa do
Regato – Estrada A Devesa – Paseo Encoro de Cachamuíña – Presa de Cachamuíña – Estrada A
Devesa – Meta Rúa do Regato.
8. XULGAMENTO DA COMPETICIÓN
A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo polo que estará
cronometrada e controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
9. DESCUALIFICACIÓNS
Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o
circuíto da carreira, non levar dorsal – chip visible por diante ou manipulalo, falsificar datos
persoais e a suplantación de identidade.
Os Servizos Médicos, o Xuíz Árbitro da competición e o persoal de Organización, están facultados
para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico
evidente.
Todo/a aquel/a atleta descualificado/a recibirá unha máscara e deberá retirar o seu dorsal e
abandonar o circuíto inmediatamente.
10. RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados.
11. SERVIZOS MÉDICOS E SEGUROS
Haberá servizo de ambulancia e médico para a atención.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de Seguro de Responsabilidade
Civil e dun Seguro de Accidentes.
É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes, que
atenderá aos sinistros que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da
proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde este á orixe.
12. PREMIOS
Medallas para os 3 primeiros clasificados da carreira nas categorías correspondentes.
Sorteo de premios entre todas/os as/os partícipes.
13. NORMATIVA
Para todo o non disposto neste regulamento aplicarase a normativa FGA e, de ser preciso, a
normativa RFEA e WA.
14. LOPD
Todos/as os/as corredores/as ao realizar a inscrición:
- Ceden os seus dereitos de imaxe á Organización e aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet de acordo coa Lei de
Protección de Datos.