Calendario
Info da proba

Carballo

17/06/2012 10:00 - 13:30
Regulamento
II Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo

Data: domingo, 17 de xuño de 2012.
Hora: a partires das 10:00 h. Proba absoluta ás 12:00 h.
Lugar: saída da rúa Colón pasando por Desiderio Varela e meta na Praza do Concello, Carballo.
Distancia: 10.000 m.
Organiza: Concello de Carballo.
Inscrición: ata o 11 de xuño ou 750 atletas. Ver punto 4 do regulamento.
Web: Concello de Carballo





:: Participa no foro de carreiras populares ::


Regulamento II Carreira Popular 10Km Concello de Carballo

Artigo 1: Organizador e denominación da proba.
O Concello de Carballo a través do organismo autónomo Padroado Deportivo Municipal organiza a II Carreira Popular 10 km Concello de Carballo, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante) cunha distanza homologada de 10.000 metros, e Baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.

Artigo 2: Entidades Colaboradoras.
Colaboran na organización da proba a FGA, os Entes Deportivos AD Media Ducia e o Clube Ciclista Carballo-Placasa, e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo.

Artigo 3: Participantes
Na II Carreira Popular "10 KM Concello de Carballo", pode participar toda persona nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 1000, con excepción de de atletas federados extranxeiros agás os portugueses que non fosen internacionais co seu pais e de tódolas participacións que fosen contrarias ás disposicións da FGA.

Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización calquera incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou neglixente durante a participación.

Artigo 4: Inscricións.
As inscricións son personais, intransferibles, e gratuítas suponiendo a aceptación de todo o desposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os preceptos legais. Admítense ate o día 11 de xuño de 2012. Excepcionalmente se non se chegase ó número máximo de 750 atletas na suma de categoría junior, senior e veteráns admítense inscricións ate o xoves 14 de xuño ás 12:00 a.m.

As formas e lugares de inscrición son:
1. Na web www.carballo.org, no enlace creado ó respecto.
2. Na veb www.championchipnorte.com
3. Web federación galega de atletismo no enlace creado ó respecto.
4. Presencial nas oficiñas Carballo Deporte sitas na rúa Corcubion sn mediante solicitude con Rexistro de Entrada.

Artigo 5: Data, probas, horarios e peche de control.
A data de celebración é o domingo día 17 de xuño de 2012.
Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas:

Categoría Distanza Hora de Saída Tempo Máximo e Peche de Control
Alevín 1.600 m. 10:00 am 30 minutos
Infantil 2.000 m. 10:30 am 30 minutos
Cadete 3.000 m. 11:00 am 30 minutos
Xuvenil 5.000 m. 11:30 am 45 minutos
Junior, Senior e Veteráns 10.000 m. 12:00 am 90 minutos

Artigo 6: Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto na Praza do Concello o día da carreira entre as 9:30 h e as 11:15 h, ou no seu defecto 45 minutos antes da saída de cada categoría, coa presentación do dni ou documento similar acreditativo. Esta actuación enténdese como "Pasar Cámara de Chamadas".

Aqueles chips entregados pola organización deberán ser devoltos á mesma á chegada a meta. O incumprimento desta norma acarrea descalificación e sanción de 10€.

Artigo 7: O dorsal acreditativo deberá levarse en todo momento á altura do peito, e claramente visible na súa totalidade. A participación sin dorsal, con dorsal non oficial, manipulado, ou co dorsal correspondente a outro corredor implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da Organización.

Artigo 8: Nas categorías Junior, Promesa, Senior e Veteráns o cronometraxe realízase mediante chip, que cada atleta deberá levar colocado correctamente. O chip é intransferible, e calquera irregularidade relacionada co mesmo así como o non ser detectado nos puntos intermedios de control e cronometraxe se os houbera, ou a participación sen chip implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da Organización.

Artigo 9: O control técnico das carreiras é realizado polo comité galego de xuíces da FGA, sendo O xuíz árbitro a máxima autoridade técnica da proba, o cal supervisará o desenvolvemento desta así como os resultados finais.

Artigo 10: O médico da proba, en coordinación co control técnico de carreira poderá descalificar a aquel participante que ó seu xuizo manifeste incapacidade para continuar a proba con seguridade.

Artigo 11: Serán descalificados os participantes que non respeten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, Xuíces, Servizos Médicos ou membros da organización debidamente identificados.

Artigo 7: Circuito.
No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas alleas á proba dende trinta minutos previos, e durante a celebración da mesma tendo os deportistas o uso exclusivo da vía entre o vehículo de apertura e o de peche, e só os vehículos autorizados poderán seguir a proba. Esta prohibición de vehículos comprende tamén bicicletas, carriños ou outros medios de desprazamento como patíns, etc.

As carreiras realizanse pola calzada de tráfico rodado sen invadir as aceras reservadas para peóns, con excepción dos espazos peonís que se inclúen no circuito. A non observancia desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial poderá supoñer a descalificación na proba.

Artigo 11.1: Circuito para categorías Junior, Senior e Veteráns.
O circuito para Junior, Senior e Veteráns está homologado pola Real Federación Española de Atletismo en data 19/06/2011 cunha distanza de 10 KM, segundo a seguinte folla de ruta: Saída da rúa Colón pasando por Desiderio Varela e meta na Praza do Concello, pasando en dúas voltas por Gran Vía, Doutor Fleming, Avda. Bergantiños, Vila de Corcubión, Vila de Noia, Vila de Ordes, Avda. Bergantiños, Alfredo Brañas, Vázquez de Parga, Camiño Novo, Fomento, Avda. Fisterra, Río Sar, Avda. Milagrosa, Río Anllóns, Río Sil, Río Lérez, Río Miño, San Martiño, San Ramón, Santa Ana e Sol con Gran Vía, con iclusión de punto de avituallamento a altura aproximada do KM 5.

Artigo 11.2: Circuito para categorías Xuvenil.
Percorrerán unha distanza de 5 KM dende a Saída na Rúa Gran Vía ata a chegada na Praza do Concello unha volta do percorrido Sénior.

Artigo 11.3: Circuito para categorías Cadete.
Percorrerán unha distanza de 3 KM en 3 voltas ó seguinte circuito: Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.

Artigo 11.4: Circuito para categorías Infantís.
Percorrerán unha distanza de 2 KM en 2 voltas ó seguinte circuito: Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.

Artigo 11.5: Circutito para categorías Alevíns.
Percorrerán unha distanza de 1.600 metros en 2 voltas ó seguite circuito: Rúa Gran Vía, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.

Artigo 12: Así mesmo establecerase unha zona de quenzementos que comprende as seguintes rúas dende 30 minutos previos ó inicio da primeira proba, considerándose tódolos deportistas que incumpran esa delimitación horaria ou espacial usuarios normais da vía (Colón, Cervantes, Desiderio Varela, Praza Do Concello).

Artigo 13: Cando un participante non se atope en condicións de cumplir o tempo máximo previsto dende o inicio da carreira ou o sobrepase, será superado polo vehículo con bandeira verde, que indica o final da zona de competición, e deberá abandonar a vía e en todo caso a partir de ese momento será considerado un usuario normal da vía, debendo cumprir as normas e señais.

Artigo 14: Categorías.
Establécense as seguintes categorías subdivididas en masculina e feminina, ca necesidade de que se presente na liña de saída un mínimo de 10 atletas do mesmo sexo por categoría e de 5 no caso dos veteráns para a constitución das mesmas. Os atletas das categorías non constituidas serán asignados á categoría inmediantamente anterior á que lle corresponda.

Categoría Datas de Nacemento Distanza Hora de Saída Tempo Máximo
Alevín 2001-2002 1.600 m. 10:00 am 30 minutos
Infantil 1999-2000 2.000 m 10:30 am 30 minutos
Cadete 1997-1998 3.000 m. 11:00 am 30 minutos
Xuvenil 1995-1996 5.000 m. 11:30 am 45 minutos
Junior 1993-1994 10.000 m. 12:00 am 90 minutos
Senior 1978-1992 10.000 m. 12:00 am 90 minutos
Veteráns A 1967-1977 10.000 m. 12:00 am 90 minutos
Veteráns B 1952-1966 10.000 m. 12:00 am 90 minutos
Veteráns C 1951 e anteriores 10.000 m. 12:00 am 90 minutos

Artigo 15: Clasificacións.
Establécense as seguintes clasificacións:
Clasificación Xeral Absoluta.
Clasificación por Categorías Masculina e Feminina
Clasificación Carballeses.

As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois e comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.

Artigo 16: Premios e Trofeos.
1º, 2º, 3º masculino alevín
1º, 2º, 3º feminino alevín
1º, 2º, 3º masculino infantil
1º, 2º, 3º feminino infantil
1º, 2º, 3º masculino cadete
1º, 2º, 3º feminino cadete
1º, 2º, 3º masculino xuvenil
1º, 2º, 3º feminino xuvenil
1º, 2º, 3º masculino junior
1º, 2º, 3º feminino junior
1º, 2º, 3º masculino senior
1º, 2º, 3º feminino senior
1º, 2º, 3º masculino veteráns A, B, C
1º, 2º, 3º feminino veteráns A, B, C

1º carballés masculino
1º carballes feminino

Atleta de maior idade.
Récord da proba.

Artigo 17: Está prevista a prestación de servizos complementarios como duchas e vestiarios, servizos de fisioterapia, avituallamento de meta e obsequio por rematar a carreira quedando condicionados cada un dos citados neste artigo á súa confirmación previa.

Artigo 18: Tódolos corredores polo feito de inscribirse aceptan a publicación do seu nome e imaxen na clasificación, medios de comunicación e Internet, e consenten expresamente a cesión dos seus datos para todo o relacionado ca participación na proba ás entidades que a organización encomende os procedementos de inscrición, clasificación, reclamacións, aseguramento dos atletas, etc. indicándose nese momento a forma e lugar para exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición se fora o caso.

Artigo 19: Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Carballo, a 1 de marzo de 2012.





:: Participa no foro de carreiras populares ::