Calendario
Info da proba

Valdoviño

25/09/2010 8:00 - 13:00
Regulamento XI ANDADA A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO

SÁBADO 25 DE SETEMBRO DE 2010

CONCELLO DE VALDOVIÑO

Enlace ao díptico e formulario de inscripción

INFORMACIÓN:

Biblioteca Municipal. Casa da Cultura
Tfno.: 981487666

Páxina web: www.concellodevaldovino.com

INSCRICIÓN:

• Do 15 ao 22 de setembro, na Biblioteca do Concello de Valdoviño, situada na Casa da Cultura, en horario de 10:00 ás 14 horas e o xoves 16 das 17 horas até as 19 horas.

• A inscrición non se considerará formalizada até a presentación do resgardo de pagamento da cota de participación. HABERÁ LÍMITE DE PRAZAS, que se irán enchendo segundo rigorosa orde de presentación da documentación requerida.

• A cota de participación é de 10 euros para os empadroados-as en Valdoviño, e 12 euros para o resto. que se ingresarán indistintamente nas seguintes contas:

Banco Pastor: 0072-0147-52-0000100008
Caixa Galicia: 2091-0213-14-3110000026

• Os menores de idade deberán presentar autorización da-o nai/pai ou titor-a, e se teñen menos de 14 anos deberán participar acompañados dun adulto.

ITINERARIO

• A saída será desde a Casa do Concello, o día 25, ás 8:00 da mañá.
• Percorrido por Valdoviño: A Rocha, Mourela, A Pena, Pazos, Igrexa, As Forcadas, Capela da Fame, Escola, Quengo, Porto Darriba, Porto do Cabo. Haberá avituallamento en dous puntos do camiño.
• Percorrido por Cedeira: Edreiro, Sisalde, Veciñeira, San Roque, Costa Santo André e Santuario.
• Xantar no Santuario. O regreso en autobús será arredor das 18:30.
• As fotografías que se tiren por parte do Concello, publicaránse na súa páxina Web posteriormente.