Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
San Cibrao das Viñas
19/09/2010
9:00
Voltar
Regulamento
San Cibrao das Viñas
4ª Andaina popular rutas de sendeirismo
Terá lugar o vindeiro
domingo 19 de setembro de 2010
con saída ás
9:00 horas
.
O punto de partida
: estará situado na área recreativa de
A BOUTUREIRA
. Chégase desde Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense - San Cibrao das Viñas - Vilanova - Soutopoenedo - A Merca... No quilómetro 6,500, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á Boutureira.
Localización GPS da entrada á Boutureira en WGS84 para empregar nos GPSs de uso corrente.
GPS
:
42º15'58"N, 7º53'01"W
Percorrido
Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de
21,5 quilómetros
, e constará de dous tramos de forma circular, con punto central en A BOUTUREIRA, podendo cada participante remata-lo percorrido ó final de cada tramo.
TRAMO 1º
: A Boutureira - Montelongo de Arriba - Penedo - A Torre - A Boutureira. Distancia:
11,300 quilómetros
.
TRAMO 2º
: A Boutureira - Vilanova - Outeiro Calvo - Muiño Victoria (tramo alternativo) - A Boutureira. Distancia:
10,200 quilómetros
.
Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización.
O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de
dificultade media
.
Avituallamentos líquidos nos quilómetros
8
e 16,5.
Track
da andaina en formato
Garmin
:
AndainaSC2010.V1.0.gdb
Track
da andaina para ver no
Google Earth
:
AndainaSC2010.Google.V1.0.gpx
Inscrición e dorsais
A Inscrición terá o prezo de
6 EUROS
e dará dereito a un polo conmemorativo, avituallamento, bocadillo e bebida. Tamén será opcional unha ración de polbo, pan e viño con ticket de reserva de 6 EUROS, antes do día 16 de Setembro, e poderá realizarse dos seguintes xeitos:
A)
. - Directamente nas tendas de deportes: Armería O Vinteún (988 373 766), Takos Sport (988 373 700), Intersport Bouso (988 226 592), Zagora Aventura (988 269 408), Arana Sport (988 391 307), Red.1 Deportes (988 237 019), Sequesport (988 617 707).
Co boletín de inscrición que se atopa no triptico, ou con este boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal e o ticket do polbo.
B)
. - Directamente no Concello de San Cibrao das Viñas (988 381 034), do seguinte xeito:
1º -Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 16 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
2º - Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición , e entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso.
C)
. - Por Fax, do seguinte xeito:
1º - Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 16 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
2º - Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e remitilo ó Concello xunto co resgardo do ingreso por Fax ó 988 381101
3º - Esperar a confirmación da reserva por parte do Concello, co número de dorsal, por correo electrónico, por Fax ou por teléfono.
4º - Recoller o dorsal calquera día de luns a venres e de 8:30 a 14:00 nos días previos a Andaina, na Casa do Concello, ou o día 19 de setembro no punto de saída, media hora antes do inicio da andaina.
Nota
: Non se realizará a devolución dos importes no caso de non recoller o dorsal ou o tícket do polbo.
As tendas de deportes subministrarán dorsais ata o día 16 de setembro e ata un
máximo de 300 participantes
.
No Concello de San Cibrao das Viñas poderán retirarse ata o día 17 de setembro.
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 19, ás 8:30 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes.
Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.
Responsabilidades
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
Premios
Tódolos participantes que acaben un tramo da proba terán dereito ao polo conmemorativo.
Haberá premio para o CLUBE con máis participantes.
Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.
Descarga o tríptico:
Tríptico
.
Información extraida da
web do Concello de San Cibrao das Viñas
Voltar