Calendario
Info da proba

Pontevedra

18/09/2010 16:30 - 19:00
Regulamento
III Carreira Pedestre de Campañó, Pontevedra

Data: sábado, 18 de setembro de 2010
Hora: a partir das 16:45 h
Lugar: Campañó
Distancia: 9600 m
Organiza: Asociación Cultural Deportiva Campañó
Inscrición: www.championchiponorte.com





Regulamento Xeral


Horario, categorías e distancias
16,45 Chupetes 120 m
17,00 Pitufos 170 m
17,10 Benxamín masculino e feminino 500 m
17,20 Alevín masculino e feminino 1.000 m
17,40 Infantil e cadete masculino e feminino 1.500 m
18,15 Xuvenís 3.200 m
18,45 Junior, promesas, seniors e veteranos masculino e feminino 9.600 m

Categorias
- CHUPETE: nados no 2006 e posteriores - PITUFO: nados no 2003-2004-2005
- BENXAMÍN: nados no 2001-2002 - ALEVÍN: nados no 1999-2000
- INFANTIL: nados no 1997-1998 - CADETE: nados no 1995-1996
- XUVENIL: nados no 1993 -1994 - JUNIOR: nados no 1991-1992
- PROMESA: nados no 1988-1989-1990 - SENIOR: nados entre 1987 ata 1970
- VETERANOS A: nados dende 1969 ata 1960
- VETERANOS B:dende 1959 ata 19450
- VETERANOS C: nados antes de 1949

Inscricións
Os participantes poden formalizar a sua inscrición das seguintes formas:
Categorias junior, promesas, senior e veteranos masculino e feminino en www.championchipnorte.com.
Resto categorias no E-mail: elias.dominguez.cabral@gmail.com. Ou, se eres de Campañó, nas delegadas da Asociación Cultural Deportiva Campañó. A data límite para anotarse é o 16 de Setembro ás 20,00 horas. Non se admitirán inscripción o día da proba.
Indicar:- Nome e apelidos
- Data de nacemento
- Procedencia
- No caso de ser federado/a indica clube e número de licencia
- E-mail
- Teléfono de contacto

Premios

Chupetes e Pitufos: Medalla e obsequio New Balance.

Resto categorías: Trofeos para os tres primeiros e obsequio New Balance para todos os participantes.

Premios carreira absoluta (Feminino e masculino):
1º premio: Trofeo e premio en metálico de 300,00 €
2º premio: Trofeo e premio en metálico de 200,00 €
2º premio: Trofeo e premio en metálico de 100,00 €

Premio especial para 1º corredor e corredora de Campañó


2. As probas darán comezo ás 16,45 h. do sabado 18 de setembro de 2010. A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).
3. A proba estará controlada por xuices.
4. A Organización porá ó longo do percorrido os controis que estime oportunos e que permitirán a descalificación inmediata de quen cometa algunha irregularidade.
5. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
6. A clasificación será absoluta e por categorías: premiarase ós primeiros clasificados das diferentes categorías (homes e mulleres). Serán vencedores absolutos os primeiros home e muller en atravesa-la liña de meta. Os vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o da súa categoría ó clasificado en segundo lugar. Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estén comprometidos polo arriba exposto. Para optar ó trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado na Parroquia de Campañó dende xaneiro do ano en curso.
7. A Comisión organizadora non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan recibi-los participantes na carreira, ainda que en todo momento verán polo seu normal desenvolvemento cun servicio especial de ambulancias.
8. Dado o carácter popular da proba o Comité organizador espera de tódolos participantes o máis alto espíritu deportivo posible.
9. CIRCUITO: Indicado no cadro de Horários, distancias e categorias.

INFORMACIÓN ADICIONAL
Unha vez finalizada a proba haberá un pincho e bebidas refrescantes para todos os participante e acompañantes.
GRAN SORTEO de diferentes obsequios entre tod@s os participantes.
A partir das 22:00 horas gran verbena, amenizada pola ORQUESTRA PANORAMA.

Máis información: Asociación Cultura Deportiva Campañó (606 70 17 40, José María Domínguez) ou no E-mail: elias.dominguez.cabral@gmail.com



- - Participa no foro de carreiras populares