Calendario
Info da proba

Meaño

14/09/2008 11:00 - 13:00
Regulamento
XXIV Carreira Popular de Meaño

DATA E LUGAR
Data: Domingo 14 de setembro de 2008
Hora: 11:00 da mañá
Lugar: Campo da Feira, Concello de Meaño.
Web da proba: Asociación G.A.M.

CATEGORÍAS
HOMES
CHUPETES: Ata 4 anos
A: de 5 a 7 anos
B: de 8 a 10 anos
C: de 11 a 13 anos
D: de 14 a 17 anos
E: de 18 a 35 anos
F: de 36 a 44 anos
G: de 45 a 54 anos
H: de 55 a 60 anos
I: de 61 a 65 anos
L: de 66 anos en adiante


MULLERES
CHUPETES: Ata 4 anos
M: de 5 a 7 anos
N: de 8 a 10 anos
O: de 11 a 13 anos
P: de 14 a 17 anos
Q: de 18 a 37 anos
R: de 38 a 44 anos
S: de 45 anos en adiante


PREMIOS
RIMEIRO CLASIFICADO MASCULINO E FEMININO: 300 euros, o seu peso en botellas de Albariño Rosalía de Castro e fin de semana no hotel con encanto Quinta de San Amaro (Meaño).

SEGUNDO CLASIFICADO MASCULINO E FEMININO: 150 euros e fin de semana para atleta máis acompañante no Hotel CARLOS I **** (Sanxenxo).

TERCEIRO CLASIFICADO MASCULINO E FEMININO: 60 euros e fin de semana de turismo rural en Casa Lastres (Dena).

CUARTO CLASIFICADO MASCULINO E FEMININO: 30 euros e estuche exclusivo con botella de Albariño.

QUINTO CLASIFICADO MASCULINO E FEMININO: 15 euros e invitación para atleta máis acompañante para un cruceiro en barco ACQUAVISIÓN (visión subacuática) e visita ó ACQUARIUM, todo esto no Grove.

RÉCORD DO CIRCUITO: Reloxo da marca VICEROY doado por Xoiería-Reloxería Enrique (Cambados).

E ADEMAIS: · Trofeos para o tres primeiros, de deseño exlusivo, creados pola ceramista MAR BARRAL.
· Medallas para tódolos nenos e nenas.
· Camisetas exclusivas para tódolos participantes do circuíto de 6,5 kms.
· Sorteo de multitude de regalos entre os participantes (botellas de albariño, viaxes en barco ACQUAVISIÓN, entradas ó ACQUARIUM, lotes de productos tradicionais, pequenos electrodomésticos, etc.).
· Premios á fidelidade: por 10 anos de participación consecutiva.

PERCORRIDO
6,5 Km. para as categorías: D · E · F · G · H · I · L · P · Q · R · S
2,5 Km. para as categorías: B · C · N · O
1,2 Km. para as categorías: A · M

Aproximadamente 100 m para a categoría: CHUPETES

INSCRICIÓNS
Admitiranse inscricións do 15 de agosto ó 13 de setembro ás 12:30 horas, podendo facelo en:
Concello de Meaño: Tlfno. 986 747 102 Fax 986 747 391
Radio TV Crespo: Tlfno. 986 747 310 Fax 986 748 902
Correo electrónico: gam (arroba) asociaciongam (punto) org

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA

REGULAMENTO XERAL
1º. A inscrición debe realizarse no prazo sinalado, debendo facilita-los seguintes datos: Nome e apelidos, sexo, Concello, idade ou data de nacimento (en ningún caso se inscribirá ningún corredor que omita este último dato).

ATENCIÓN: En ningún caso se admitirán inscricións o día da proba; é obrigada a inscrición antes do día 13 de setembro, sendo a hora límite ás 12:30 horas.

2º. A tódolos participantes facilitaráselle-lo dorsal correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a proba e chegada á meta.

3º. O dorsal recollerase o día da proba na zona de saída/meta (Praza da Feira), entre as 9:00 e as 10:30 da mañán (cumprimento estricto de horario).

4º. Dado que os dorsais son intrasferibles, cada quen debe retira-lo seu de xeito individual.

5º. Ó longo dos percorridos a Organización establecerá os controis que estime oportunos para entrega de testigos ou para seguridade da proba. Esos controis podrán ser fixos ou móbiles estando autorizados para descualifica-los participantes que cometan algunha irregularidade ou atenten contra a seguridade individual (tanto propia como allea) ou colectiva durante a proba.

6º O dorsal deberá ser suxeito á camiseta con imperdibles facendo uso dos orificios de que dispón. Calquera alteración na suxeción será motivo de descualificación e sanción para anos posteriores.

ATENCIÓN: Tres participantes do ano 2007 serán sancionados na vindeira edición por haber pinchado o dorsal fora dos buratos ó efecto.

7º. O dorsal deberá de ser devolto antes de saír da zona acoutada trala liña de meta. A Organización colocará postos para que se efectúe esta devolución. No caso de non producirse esta devolución, o participante será descualificado.

8º. Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.

9º. A categoría chupetes, correspondente ós participantes menores de 4 anos, non será competitiva, sendo a súa única finalidade a de fomenta-lo deporte entre os máis pequenos.

10º. A organización establece unha categoría de ANDANTES (non competitiva), sobre un circuíto de aproximadamente 3 Km. Os interesados en participar só se poderán inscribir o día da proba, na Praza da Feira, de 9:00 a 10:30 h.


11º. Recibirá trofeo o primeiro clasificado masculino e feminino do municipio de Meaño que participe no circuíto de 6,5 Km., así como o atleta máis veterano do municipio (nado ou residente) e do global das categorías.

12º. A Organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufri-los participantes desta carreira, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios.

13º. Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta proba, a Organización agarda de todos e tódalas participantes o mellor espíritu deportivo.

14º. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.