Carrera: Carreiras Populares para marzo
Cross de Ordes e San Xosé en As Pontes
Ambas tamén puntubles para o Circuíto
Máis probas para o mes de marzo para completar un inverno cheo de carreiras. O sábado 3 de marzo e organizado polo Clube Atletismo Ordes a cuarta edición do Cross Ambiental de Ordes - Memorial Estebo José, proba de monte con case 10.000 metros de percorrido e que tamén conta con proba de canicross e andaina popular. E o domingo 18 de marzo a vixésimo segunda edición da Carreira Pedestre de San Xosé organizada na súa localidade polo Clube Atletismo Olympo de As Pontes. Neste caso serán 7.000 metros para a proba absoluta e con distancias máis curtas para as categorías escolares.
:: Regulamento Cross de Ordes
:: Regulamento Carreira San Xosé - As Pontes
Ambalas dúas están incluidas no Circuíto 2011-12 con coeficientes 1,75 (Ordes) e 1,25 (As Pontes).
Clasificación localidades
Estes días recuperamos a clasificación entre localidades (coa media por corredores) e gustaríanos saber se ves interesante facer unha listaxe por totais conseguidos por localidades.
:: Enquisa. ¿Clasificación TOP 100 de localidades?
Grazas por participar e votar.
Correr en Galicia
"Nada es tan divertido como un cambio total de ideas." Lawrence Sterne