Carreira e Andaina de San Ramón

Carreira e Andaina do San Ramón, Monte Xalo
Segunda edición dentro das festas de Castelo

/ Regulamento da proba

/ Carreira do San Ramón no foro

Asociación Castelo Deporte:
"Castelo Deporte organizará unha carreira e unha andaina polo Xalo dentro da programación das festas de Castelo.

Será o domingo 23 de agosto, o segundo día das festas da parroquia cullerdense, e contará cun percorrido de 6 km. polas pistas e sendeiros do monte.

A inscrición, que ata o xoves 20 se pode realizar en www.castelodeporte.gal, inclúe ración de paella na festa que terá lugar ao remate da proba deportiva. Todos os participantes recibirán ademais un agasallo, e contarán cun seguro de accidentes.

Culleredo, 14 de agosto de 2015
A parroquia de Castelo, en Culleredo, prepárase para unha nova edición das súas festas, que durante dúas fines de semana manterán ocupados aos seus veciños cunha completa programación que, por segundo ano consecutivo, inclúe unha proposta deportiva da que participa a asociación Castelo Deporte.
Trátase da carreira e a andaina do San Ramón, que o domingo 23 a partir das 11.00 horas permitirá a quen decida anotarse percorrer seis quilómetros polos sendeiros do monte Xalo, nunha ruta inédita e ideada para ocasión por membros da asociación.

O plan da fin de semana poderá comezar antes: a noite anterior celebrarase a segunda edición do Castelo Conta, un espectáculo de monólogos que contará este ano coa actuación das famosas Cantareiras de Ardebullo, Pepo Suevos, e que amenizará un grupo de versións dos anos 80. Quen se anime a asistir (a entrada será de balde), e teña prevista a súa inscrición na carreira do día seguinte, ceará de balde un completo bocadillo de chourizo criollo preparado no momento.

O domingo a carreira e a andaina (que compartirán percorrido) comezarán ás once da mañá. Xusto antes repartiranse os correspondentes dorsais e farase entrega aos participantes dun agasallo conmemorativo. Na metade do percorrido disporase un punto de avituallamento con comida e bebida, e xa para a chegada á polideportiva de Castelo estará agardando a mellor das festas, con paellas para case mil persoas e música en directo a cargo do grupo JJ&Son.

As inscricións están abertas a través de www.castelodeporte.gal ata o xoves 20."


Asociación Castelo Deporte

San Ramón, Castelo Deporte

Enviado por Admin o 19-Ago-2015 (1796 Lecturas)
"Carreira e Andaina de San Ramón" | 1 comentario

Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido.

lily-ya
por coach008 o Xoves, 03 de Decembro ás 04:58:19
ting12.3
louis vuitton bags
kate spade outlet store
coach factory outlet online
http://www.moncler-on-sale.org
http://www.moncler-jacketscheap.org
coach outlet factory
louis vuitton handbags
michael kors online store
nike zoom run
Air Jordan 4
nike air max zero
coach bags salet
http://www.louisvuitton-lvoutlet.net
louis vuitton store 2015
http://www.nikeflyknitracer.net
Air Jordan 11
nike sb stefan janoski max
http://www.katespadetotebags.com
moncler jackets for women
http://www.airmax90-ice.com
michael kors handbags outlet
michael kors sale
nike free 4.0 flyknit
http://www.nikerosherunmens.com<