Foros ›
VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
715 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Mai 2011, 20:55
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Hola!!!

Moi boa carreira...

alguén pode poñer a clasificación e se existe algunha foto encantariame vela!!!!!!!!

Gracias a organización todos moi amables e a empanada non che conto o ben q m sentou! Aplauso Aplauso
ageitos

Montañés
Montañés
11/10/10
0 Carreiras
323 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Mai 2011, 21:27
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Moi boa a carreira,,,, polo que vexo por ribeira fan moi ben as cousas, as duas carreiras que fun (Corgo e esta) encantaronme..... gratuitas, moi bo ambiente e con unha organizacion espectacular....
As clasificacions neste enlace: carreira.info/virxedaguia/
pon que estaran a partir do 19.... as fotos dependemos de que as colguen os fotografos, que fan un "traballo" admirable..... Supoño q pronto habera algunha colgada....
juandertaker

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/10/10
0 Carreiras
1069 Mensaxes
Portosin
Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 5:16
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

ageitos tio, encantadisimo de esta vez falar un pouco mais qe en oubiña jajaja ai che deixo a nosa fotiño
ageitos

Montañés
Montañés
11/10/10
0 Carreiras
323 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 7:47
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Moitas gracias fiera.... Un pracer pronto nos vemos noutra....
Por certo xa estan as clasificacions da.carreira....
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 10:11
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Bueno, pois en nombre da organización do evento, queremos trasladarvos o noso agradecemento pola vosa asistencia, nun día auténtica festa do atletismo popular. Agradecer asimismo toda a colaboración recibida por parte de moita xente.
En canto á carreira en si un par de apuntamentos: en primeiro lugar decir que aínda que se teña todo máis ou menos organizado, sempre poden aparecer pequenos ou grandes imponderables que poden dar ó traste co traballo feito. E como unha lei de Murphy, onte tocounos poñernos dos nervios cun deses imponderables: a bebida era suministrada, como todos os anos, por unha coñecida empresa de bebidas que se desplazaba desde Coruña. Ás 10 da mañán tiña prevista a súa chegada, montaxe de arco de saída e preparación do posto das bebidas en meta. Pois ben...ás 11 hora prevista para a saída, o camión non había chegado. Nervios a flor de pel. Non se podía dar a saída en esa condicións. Un aplazamento de 15 minutos, durante os cales se "asaltaron" directamente os bares e supermercados da zona xa que considerábamos imprescindible o poder ter polo menos agua na chegada, aínda que fose en vasos. Máis tarde, chegounos a triste noticia do accidente do camión que traía as bebidas. Xa vedes...cousas da vida!!
ageitos

Montañés
Montañés
11/10/10
0 Carreiras
323 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 10:25
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Ostras.... O dito sodes aostia.... Non ven o camion das bebidas e tirades para o super o dia das letras galegas (festivo e por tanto todo cerrado) pa darnos de beber..... So merecedes a miña admiracion..... Unha preguntiña cando actualizaredes a clasificacion do circuito....?
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 11:01
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

ageitos escribió:
Unha preguntiña cando actualizaredes a clasificacion do circuito....?

As clasificacións tanto da carreira como do circuito están enviadas. Estou á espera de que se activen na web. En canto sepa que están colgadas xa informo!!
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 11:03
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Noraboa aos organizadores!, todo a pedir de boca!!! Aplauso Aplauso
Quizais o único "pero" deuse na proba dos pitufos onde provocado polo exceso de participación moitos nenos quedaron sen chuches Triste Triste aparte da falla de educación de moitos pais/nais/abuelos Muro Muro Enfadado
Saudiños e ata o ano que ven Guiño
juandertaker

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/10/10
0 Carreiras
1069 Mensaxes
Portosin
Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 12:50
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

ageitos escribió:
Moitas gracias fiera.... Un pracer pronto nos vemos noutra....
Por certo xa estan as clasificacions da.carreira....
espero qe si! e ese fiera no medio da carreira motivoume para seguirche durante uns metriños jajaja
boirinho

Foreiro Senior
Foreiro Senior
8/11/09
22 Carreiras
447 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 14:08
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Coincidindo co meu amigo Barbanzon, decir que o peor foi a falta de educación de moitos pais, nais, e avós que empurraron ao pitufiños que iban sos, sen a compaña dos seus pais, e por culpa deses descerebrados, a miña rapaza pasouse media mañán cun disgusto enorme ao quedar sen medalla, sen camiseta e sen chuches, coa ilusión que ue mesmo lle creei ao decirlle que ningunha das chuches tiñan glute.
Polo demais, todo moi ben, e moi ben a rápida reacción ante o imprevisto do camión das bebidas.

www.subeaobarbanza.blogspot.com
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 15:06
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Pois, efectivamente, o tema da carreira dos pitufiños é a gran "mancha" no haber da organización. Esta carreira dos futuros campeóns estase convertindo (si non se convirteu xa) na "estrela" desta proba. Debido a que se trata da carreira menos "estructurada" permíteuse a inscrición incluso no mesmo día, por aquelo de que "bué, total, ¿cantos van vir a maiores?". Daquela estaban anotados uns 260 nenos e nenas. E había camisolas, medallas e chucherías para todos. Pero precisamente esa "apertura de man" para cos pequerrechos arruinou a vistosidade da proba. Casi 100 inscritos a maiores!! Demo
Según me contaron -eu estaba coas clasificacións noutro lado- foi bastante "dantesco": nenos e nenas de menos de 5 anos, con pais, nais, abós polo medio, nunha "paranoia atlética"(en algunha das fotos que colgou Marinela vese incluso a algún maior levando medio arrastro a algún neno!). Logo na meta, un totum revolutum de maiores, nenos... o material que non chegou para todos. En fin, que tras a drástica medida de fai dous anos de non facer clasificacións para as carreiras infantiles, agora vai tocar unha reestructuración desta carreira dos máis pequenos!! Así a bote pronto ocúrreseme a prohibición de participar a nenos que non podan facer o recorrido polos seus propios medios, prohibir o acceso ó circuito ós acompañantes e manter o mesmo prazo de inscricións que os maiores…Non sei que opinaredes!!
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 15:10
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Por certo, as clasificacións xa están colgadas:

carreira.info/virxedaguia/
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 15:39
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

En casi todas las carreras de pitufos pasa lo mismo, algunos padres, abuelos...etc, quieren que su pitufo llegue a meta en las primeras posiciones y los arrastan tirando de ellos.

Creo que, hay que elaborar un Reglamento donde figure la prohibición de este tipo de ayuda, y durante la carrera, tomar buena nota de quienes se comportan de forma antideportiva, descalificar al pitufo que sea ayudado y al publicar el listado ponerlos al final de la lista en un apartado que diga "descalificados por incumplir el Reglamento"

Los plazos de inscripción también deben ser respetados porque, si se tienen previstos un número de camisetas y chuches, los que se inscriben fuera de plazo originan que no lleguen para todos y luego surjan las críticas.

Cuando comprueben que para participar hay que cumplir el Reglamento, en un par de carreras estará el problema resuelto.

Sería importante que todos los Organizadores de Carreras se pusiesen de acuerdo para que se cumplan estas normas.

saludos,

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 16:07
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

boirinho escribió:
a miña rapaza pasouse media mañán cun disgusto enorme ao quedar sen medalla, sen camiseta e sen chuches

Sintoo un montón por todos e cada un dos nenos/as que se quedaron sen agasallo, pero no caso da túa nena "ten delito": despois de axudarnos a perfilar os aspectos "alimentarios" da proba, e vai resultar que, precisamente ela, é a que queda sen premio!! O dito: tes que disculparnos... Chorando Chorando
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mér, 18 Mai 2011, 16:41
Asunto: Re: VIII Virxe da Guía'2011 (17-05-2011)

Na carreira de pitufos creo que é de sentido común que os nenos que van da man dun adulto deberían poñerse detrás Pensando pero como dí un amigo, o sentido común é o menos común do sentidos Mr. Green e aí temos a adultos en primeira liña de saída tirando, arrastrando (literalmente) e entorpecendo ao resto dos nenos que non van da man... mal, moi mal Enfadado Enfadado





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos