Foros ›
O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 6:50
Asunto: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Desde fai uns anos a xeografía galega está moito mellor comunicada por autovías e autoestradas, que fai que en pouco máis de 2 horas poidamos atravesala.
Pois ben, este aspecto, incialmente positivo, que pon ao alcance de tódolos corredores populares carreiras diversas, afastadas, vóltase en contra. Explícome:
- Celanova é un pobo de pouco máis de 2000 habitantes da provincia de Ourense. Gran parte da sua poboación vive con ilusion e ledicia a carreira, "A Carreira" a súa carreira do derradeiro sábado de xuño: desde o máis cativo ata o máis vello da vila tentan darlle todo aos atletas. A organizacion aporta todo o posible: championchip, videos, camisestas tecnicas, cea, e todo o que humildemente ofrece esta vila. Esta edición voltou ser un éxito de participación.

- La Coruña - ten 4 carreiras: unha media maratón, outra que lle chaman 10, outra do Facho e este pasado domingo outra que conmemora a designación da Torre de Hercules como Patrimonio da Humanidade.
Non sei cal delas é a tradicional ou a referencia da cidade, non sei cal é a máis querida ou representativa da cidade.
Sería bó que haxa unha de referencia, nunha data, cunhas características, e despois que se organicen as que se poida ou queira.
Eu teño amigos e coñecidos, e algún atleta de notable nivel que se viu comprometido a ir á prova da Coruña cando lle facía verdadeira ilusión vir coñecer a prova de Celanova.

"Un medio de comunicación escrito de La Coruña que non me apetece nin mencionar (pola sua liña belixerante co País)" organizou a bombo e platillos esta carreira, deulle onte luns 3 páxinas, e foi ademais duna prova moi respetable, unha manobra publicitaria propia.

Esta falla de sensibilidade non pasa só con nós, cos "amigos da carreira de Celanova: xa pasou coa Ferreirua, e con outras carreiras que se ven asoballadas, despois de moitos anos de traballo meritorio e entusiasa por iniciativas advenedizas que non miran para o calenadario, non respectan ao "pequeno".

A loita pola dignidade do diferente, do pequeno, do diverso, do afastado da metrópole, mantennos vivos, fainos máis sabios. O contrario é a lei do máis forte.
Gracias a plataformas coma este foro, os máis débiles, os que non temos xornais ao dispor, non habemos permitir que nos pisen.

Fago un chamamemto público a que antes de se dispor á organización dunha carreira, a xente que está detras comprobe se hai carreiras semellantes ou incompatibles xa organizadas.
toledano

Super Veterano
Super Veterano
4/07/08
0 Carreiras
2244 Mensaxes
OURENSE
Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 8:27
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Bubela escribió:
... Fago un chamamemto público a que antes de se dispor á organización dunha carreira, a xente que está detras comprobe se hai carreiras semellantes ou incompatibles xa organizadas.


Ademáis de lóxico, eso sería unha forma de actuar con educación, (boa), que, coido que, faría máis falla. Non como a prepotencia, o egoísmo e a incompetencia, que de eso temos de abondo.

SAÚDOS.

Esprintes inde nai - ORT (Ourense Running Team)

Grelos, sexo, e muiñeira.
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 9:54
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Amigo bubela, coido que te atopas no certo, e neste senso voltarei a manifestarme en contra da FGA que desta xeira elixiu a data do día 27 pra celebralo campionato galego de 5000 en ruta a sabendas da coincidencia cá , sen dúbida algunha, a mellor carreira popular curta de Galicia, Celanova
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 11:32
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Por fortuna, de momento en Galicia, temos case todos os fins de semana dúas, tres, cinco probas ó longo da xeografía galega. Non é doado atopar moitos ocos nas datas que a todos os organizadores lles interesa.
Si contamos que de Coruña (non me vou a inclinar polo artigo, pq queda moi cachondo ese "La" nunha redacción en galego!! Moi feliz Moi feliz ) a Celanova hai unha chea de kilómetros, que a ourensá é unha proba nocturna (non todo o mundo se pode quedar a durmir alá), que Celanova foi un éxito de participación, etc....non entendo ese tremendo malestar que se denota no post!!!!
bardallas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/03/09
93 Carreiras
454 Mensaxes
O Burgo, Culleredo
Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 12:03
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Xabi, penso que quen elexiu a data da carreira fui a organización, dado que era o 1º aniversario da declaración da torre como patrimonio da humanidade e querían incluila nos festexos da fin de semá. Outra cousa é que a FGA quixera disputar o Campeonato galego de 5 kms. (non sei se hai outra carreira de 5 kms. homologados que poidera acoller a proba). En todo caso, tendo en conta que a distancia entre A Coruña e Celanova é de máis de 200 kms., non me parece descabellado que coincidan as dúas carreiras na mesma data, ainda que coincido que a Nocturna de Celanova é unha das mellores carreiras de Galicia. Penso que, co importante pulo dos ultimos tempos do "ranin popular" en Galicia, cada fin de semá podería haber duas probas importantes sen merma de participación (norte/sur; este/oeste).

O que me parece máis grave é a coincidencia coa carreira de San Pedro (que se celebra na mesma cidade), que tivo que cambiar a data e o recorrido a falta de 15 días para a proba, cando figuraba no calendario da FGA dende fai máis dun mes.

Salud y kilóemtros.

"Cuando no puedas correr, camina. Cuando no puedas caminar, usa el bastón. Pero nunca te detengas!". Madre Teresa de Calcuta.

bardallas.blogspot.com/
PedroNimo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/11/05
0 Carreiras
1483 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 13:12
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Seria interesante un circuito BEN ORGANIZADO de carreias populares, así teríamos tódolos fins de semana unha proba e terian mais participacion e todo sería mais sinxelo...
A ver si dunha vez se forma a asociacion de organizadores de carreiras populares de Galicia e sacamos isto para adiante como se merece.
Unha aperta

3&Run C/ Restollal n35 bajo
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 15:11
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

bardallas escribió:
Xabi, penso que quen elexiu a data da carreira fui a organización, dado que era o 1º aniversario da declaración da torre como patrimonio da humanidade e querían incluila nos festexos da fin de semá. Outra cousa é que a FGA quixera disputar o Campeonato galego de 5 kms....Salud y kilóemtros.


Precisamente o que eu dixen, "metedura de pata" da FGA

Non acabo de concibir que elixan coma data de clebración do Campionato unha carreira que coincide cunha das carreiras "top" de Galicia (Celanova). As veces pregúntome se algúns dos directivos da FGA traballan no sector da madeira posto que semellan ter na cachola "serrín en lugar de miolos".
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 15:59
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

- Non se trata de ser TOP. Máis ben ao contrario:

* Os 5 dias previos á disputa da carreira da Coruña, a "publicación" propiedade do "Notario de la calle", que organizou a Carreira, bombardeou desde as suas páxinas deportivas, para que a falta de antelación na organización do evento fose paliada coa intensificación da campaña.

* En Celanova - e na Estrada -, pola contra, loitabamos con outras armas para atraer corredores (a historia de 7 anos de traballo na carreira), pequenas reseñas en xornais con edicións en Ourense, e como non a importantisima canle que é este foro que compartimos. E sobre todo a ilusión por facer as cousas ben, no só ben, senon buscando a excelencia para poder loitar contra "handicaps" (noite, fin de semana de praia, distancia xeográfica de moitos populares que viven arredor da AP-9,...)

* Non me serve o argumento de que xa se celebran varias carreiras na mesma fin de semana.

Temos unha prova documental moi valiosa no foro: ata o pasado 5 de xuño (a través do colega Barrañán) non se confirmou a celebración da prova. De ahí as presas do xornal organizador. apenas 20 días.
Pola contra a data de Celanova ( o último sábado de xuño) estaba fixada desde o ano pasado.

E desta guisa, entrou o elefante coruñes na cacharrería rural galega....
supermorais

Montañés
Montañés
5/06/04
187 Carreiras
2952 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 21:17
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

A Federación Galega e os Organizadores das Carreiras Populares deberíanse sentar é falar outra vez, xa que a última vez que se reuniron éramos ben pouquiños, e así pouco se pode facer. Ten que haber un esforzo mutuo pra que os problemas de calendario rematen dunha vez. Pero, coido que as duas partes teñen que ceder un pouco. Senón, estamos predicando no deserto. Pensando
barrañán

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/05/08
27 Carreiras
243 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 29 Xuñ 2010, 22:26
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Al año tenemos 52 fines de semana y repasando el calendario del 2009 quedan muy pocos domingos (y sábados) en los que no se celebre alguna carrera popular en ruta, cross, duatlon, triatlon o similar por lo tanto cada vez es más complicado que no coincidan dos eventos que, potencialmente, atraigan una gran cantidad de corredores.
Partiendo de que en la VigBay se inscribieron más de 3.500 corredores, no creo que haya problema de "escasez" de asistentes a ninguna carrera,quizá el problema lo tenemos nosotros a la hora de elegir a cuál asistir. Esto no implica que no debiera haber cierta organización por parte de la federación en el calendario, aunque a veces parece que lo único que les interesa es que se celebren eventos y cobrar las tasas. Están para dar medallas, no para ponérselas ellos.

dietaydeporte.blogspot.com/
blogs.lavozdegalicia.e...terrechea/
xiamenfroi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/10/09
0 Carreiras
814 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Xuñ 2010, 11:50
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

**borrado**


Última edición por xiamenfroi o Ven, 03 Dec 2010, 15:01; editado 1 vez
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Mér, 30 Xuñ 2010, 12:56
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Enhoraboa ao Adm. por suprimir mensaxes claramente inoportunos en canto a cuestións lingüísticas.

Este país precisa de xente que fale galego, e sobre todo da moita xente que fala castelán que senten respecto e dignifican ao galego, e que ata pensan en que pode ser lingua de futuro para os seus fillos.

Nunca, nunca as persoas do meu equipo - escribimos 6 ou 7 neste foro - nos pronunciamos en contra dunhca carreira. Xamais. Sabemos as dificultades economicas, materiais e humanas que supón por todo en marcha.
So censuarmos posturas unilaterais, altivas e que non consideran nin teñen en conta o esforzo doutros.

Por isto, o único chamamento é para todos aqueles que queiran organizar unha carreira masiva "nova" (ou con pretensión de selo) teñan en conta o calendario xa fixado, e se perciba certa sensibilidade pola sua parte.
GUINEANO

Maratoniano
Maratoniano
6/11/09
0 Carreiras
430 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Xuñ 2010, 13:58
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Me muestro totalmente de acuerdo con el comentario de Bubela.,
Soy de Coruña y me alegra poder disfrutar de varias carreras al año en nuestra ciudad, pero quizás tengamos que aprender (en cuanto a temas organizativos) de otros lugares de la geografía gallega, algunos con muchos menos medios pero con mayor ilusión y tradición.
En cuanto a la discusión lingüistica, no hay mayor riqueza cultural que la convivencia de lenguas y no la exclusión.
Un saludo a todos.
barrañán

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/05/08
27 Carreiras
243 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 30 Xuñ 2010, 15:58
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Non entendo a relación dos comentarios preto da incompatibilidade da carreira do domingo coa de Celanova do sábado, podería entendela se fose o mesmo día á mesma hora, e aínda así. Como antes apuntei cada vez temos máis carreiras novas (todos agradecémolo) pero fins de semana son os mesmos e por moito que organices chegará un momento en que sexa imposible que non coincidan máis dunha. Levo un tempo nisto e en todas as carreiras atopas xente que dobra o fin de semana e claro que é un esforzo pero partamos da base que é por vontade propia e nunca se poderá prohibir a unha organización pública ou privada que monte un evento destes. Coincide ademais que o aniversario do nomeamento era o domingo 27, a data non se elixiu (supoño) coa finalidade de molestar a ninguén.
En canto ao compañeiro xiamenfroi sinto que tivese que esperar tanto tempo polo dorsal, de todos os xeitos eu fun a buscar o meu sobre as 9:35 e só había dúas persoas á cola, lembrar que o horario de recollida estaba marcado de 8:00 a 10:00, ben é certo que os da FGA chegaron ás 9:30h (sen comentarios). Uns "culpables" por non cumprir e nós "culpables" polo costume de chegar sempre ao final, por que en todas as carreiras vemos a xente recollendo o dorsal fora do horario, e tamén entendo que algúns veñen de moi lonxe e é complicado chegar antes.
Sinto que levases esa mala sensación desta carreira celebrada na miña cidade por un feito tan puntual, obviamente todo organizador quere a maior participación posible xa que terá máis transcendencia algo polo que traballou tanto e por suposto que non haxa fallos nin erros, eles son os primeiros aos que lles incomoda todo isto xa que ao final, como estamos a ver, o que se lles achaca é "a súa mala organización".
Todo novo evento, sexa montado por pequenas asociacións ou grandes organizacións, ten fallos que co tempo vanse eliminado, uns venos eles e outros nós, entre todos seguro que o próximo ano será mellor.

dietaydeporte.blogspot.com/
blogs.lavozdegalicia.e...terrechea/
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Mér, 30 Xuñ 2010, 16:27
Asunto: Re: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN

Barrañán:
Certamente as tuas palabras están cheas de prudencia e coherencia. O foro con xente coma ti é un lugar habitable.
Pero insisto que non se cuestiona a organización de carreiras libremente en calquera pobo ou cidade. Ogallá haxa moitas.
- Expemplos.
1º.- Esta mesma fin de semana había carreira na Estrada, en Toén, en Celanova, e posiblemente en mais localidades galegas.
2º.- O Corrre con Nós organiza (con moi bo gusto e constancia) carreiras ao longo de varios meses en Lugo.
3º.- O propio sábado 26 á tarde estaba prevista - con antelación - unha prova en San Pedro de Visma (vaia paradoxo...)

O que eu censuro, e critico é que a través dun xornal - coa repercusión e alcance que esto conleva - se organice, impulse, patrocine, publicite unha carreira absolutamente loable no seu fin, coma "a carreira do ano", como díxen con "bombo e platillo"; de xeito e maneira que condicionan o calendario atlético con esa campaña intensiva. A este problema engádese o feito de que na cidade herculina - por desgraza - ainda non hai unha carreira de referencia como claramente son a Vig-Bay en Vigo, a Pedestre en Compostela, a Monumental en Lugo, o San Martiño en Ourense. Polo perfil altimétrico da cidade, polos milleiros de atletas populares da comarca, todos desexamos que a teña.
Eu querería ir todos os anos á Coruña igual que teño ido sempre a esas cidades, a esas carreiras de referencia.
O problema é que ainda non sei cal é a carreira de referencia na Coruña: a Coruñadez? a MediadeCoruña? a da Torre? A do Facho?
Pero non nos enganemos: A Estrada, Celanova, Toén, non poden, nin se organizan coa pretensión de competir coa prova da Coruña, cando reitero, nos días previos á prova, desde o un xornal local enchéronlle os ollos a milleiros de potenciales participantes, "vendendo" a carreira como "a Carreira".
E para rematar dicir que o éxito de participación en Celanova foi tan grande que non habería capacidade para atender con xeito a máis atletas dos que viñeron (máis de 600 en total).
Non é unha cuestión cuantitativa - de participación -. E que os "grandes", o do poder, os dos medios, os que influen querendo influir, teñan sensibilidade á hora de programar eventos. Porque os pequenos, os máis humildes, os que non temos xornais, grazas a medios coma este, non imos calar.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos