Foros ›
Autor
Mensaxe
xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
188 Carreiras
3863 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Mér, 16 Xuñ 2010, 21:58
Asunto: ¿MEAÑO 2010?

¿A famosa e reconocida carreira popular de Meaño faráse éste ano?

Na edición anterior o grupo de amigos de Meaño (GAM) xa nos comentou que era moi dificil cada ano sacala adiante e que tiñan que sacrificarse moito e traballar arreo...

Sempre daban as camisetas coa fecha que se celebraría a do ano seguinte pero as ultimas que deron (moi chula por certo), conmemorando o 25 aniversario xa non tiña fecha do proximo evento Pensando .

Ata Cambados chegan rumores de que "peligra" a vindeira edición e a verdá seria unha perda importantisima para a zona, e para nós, os corredores populares do sálnes en especial.

Sí e po-la crise, deberían cobrar algo por participar, porque unha axuda nunca está mal vista. Si hay que pagar 3 ou 4 euros, si se baixan os premios en metalico, si se dan menos regalos e se suprimen catro tonterías mais eu estaria igual de contento en volver a competir en Meaño.

Si non se pode tanto, pois eu, con menos comformome, pero que non desaparezca esta preciosa carreira Aplauso Aplauso Aplauso

Ánimo Gam, non sei si vos dades conta pero estades facendo felices a moita xente cada segundo domingo de setembro Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Un saudo.

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...
WaSKeR

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/01/08
0 Carreiras
318 Mensaxes
GZ
Respostar citando Envío Mér, 16 Xuñ 2010, 22:58
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?

No xornal dicían que non a ían facer...
francesco

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/11/08
0 Carreiras
195 Mensaxes
santiago
Respostar citando Envío Xov, 17 Xuñ 2010, 8:46
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?

aquí está na Voz de Galicia.

Web Page Name
banderas

Maratoniano
Maratoniano
13/09/06
117 Carreiras
3316 Mensaxes
Abrir Vigo ó mar ;-)
Respostar citando Envío Xov, 17 Xuñ 2010, 10:33
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?

Dende logo, e a pesares de ser unha proba bastante dura e do curto percorrido, daríame moita pena que esta proba (que é todo un clásico das carreiras da provincia de Pontevedra) caíra do calendario... como xa pasou coa MM de Vilagarcía e non sei se pasará tamén coa Carreira Nocturna do mesmo concello. O Salnés anda de capa caída, polo que vexo.
oliveira

Super Veterano
Super Veterano
24/10/08
75 Carreiras
2266 Mensaxes
cambados
Respostar citando Envío Xov, 17 Xuñ 2010, 11:16
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?

Sí que es una verdadera lástima. Confío en que el Concello mueva ficha.
TitoFlis

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/03/09
100 Carreiras
495 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Xov, 17 Xuñ 2010, 15:18
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?

oliveira escribió:
Sí que es una verdadera lástima. Confío en que el Concello mueva ficha.

Visto o resultado organizativo da proba de Cambados............Botalle unha man a ver se temos carreira este ano Demo sorrindo Demo sorrindo
WaSKeR

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
8/01/08
0 Carreiras
318 Mensaxes
GZ
Respostar citando Envío Xov, 17 Xuñ 2010, 20:47
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?

O final segun di oxe no faro de vigo...o concello de Meaño vai coller o relevo da Asociación GAM, e vai "facer" a carreira.
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Ven, 18 Xuñ 2010, 10:00
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?

Ola a todos.

Efectivamente, a Asociación GAM, tras 25 marabillosos anos, deixa de organiza-la CARRIERA POPULAR DE MEAÑO. Esta decisión tomouse "oficialmente" en marzo deste ano, se ben xa estaba en mente desde antes da edición pasada.

O ano pasado organizámola porque queríamos chegar á 25 edición, organizar a exposición fotográfica, e tratar de facer algo novo, aínda que toda a novidade se quedara só no folleto.

¿As causas?
Pois a pesares do que poidades pensar, non son económicas. Por sorte sempre contamos coa colaboración de casas comerciais moi fieis e subvencións (sobre todo do Concello) suficientes para organizar a carreira. As causas son a falta de xente na asociación. Actualmente somos 9 socios, dos que só 3 nos implicamos realmente na carreira (a nivel de toma de deicisións). Temos familia e traballos ós que xa non lle podemos quitar máis tempo. E non hai relevo xeneracional (este mal é común hoxe en día).
A organización da carreira pasou de ser un traballo que facíamos con esforzo, pero con ilusión e ganas (cando éramos máis), a un traballo sin máis, que costa máis esforzo e se fai "por obligación".
Creemos que esta non é forma de organizar nada. Así que mellor retirarse e estudiar outras opcións (porque queremos á carreira como se de un fillo se tratase, e gustaríanos que seguira, e seguira medrando).

FUTURO.
Despois da decisión de non seguir coa organización, propuxémoslle ó Concello de Meaño asumi-la mesma, facendo un exhaustivo estudio de viabilidade, incluíndo entre outras cousas a toma de tempos mediante chip.
Tivemos unha reunión co alcalde para facerlle a proposta e presentarlle o proxecto, e non houbo resposta en positivo ata a semana pasada. É dicir: O CONCELLO DE MEAÑO ORGANIZARÁ A XXVI CARREIRA POPULAR DE MEAÑO.
Por suposto, desde a asociación darémoslle todo o noso apoio, coñecemento e axuda para que este novo proxecto saia a diante.

Segundo vaiamos tendo reunións para traspasar información e orientar sobre a organización, ireivos informando.

Polo de agora, o que debedes saber e que este ano a carreira organizarase na mesma data, lugar e hora.

XXVI CARREIRA POPULAR DE MEAÑO
Día: 12 de setembro de 2010.
Hora: 11:00
Organiza: Concello de Meaño.

Seguirei informando.
Saúdos.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
oliveira

Super Veterano
Super Veterano
24/10/08
75 Carreiras
2266 Mensaxes
cambados
Respostar citando Envío Ven, 18 Xuñ 2010, 10:09
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?

Bravo polo Concello de Meaño e as máis efusivas grazas á Asociación GAM.
dosminutosveintidosenmil

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/09
801 Carreiras
402 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Xuñ 2010, 14:34
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?

Me alegra saber que se va a organizar esta carrera, porque tanto a mi, como a mi hijo, como otros atletas que he llevado a disfrutarla, coinciden en lo mismo, se convierte en inolvidable.Tanto el mimo en la organización, como el ambiente, el recorrido y la proximidad de las playas, así como la singular carrera de camas de la noche, hacen de esta carrera una joya que ha de pervivir.Un abrazo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos