Foros ›
Autor
Mensaxe
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Mér, 16 Set 2009, 15:51
Asunto: Re: carreira de meaño

Hola.
Enlace correxido.
Espero responder os cometarios á noite.
Saúdos.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
TitoFlis

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/03/09
100 Carreiras
495 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Mér, 16 Set 2009, 20:33
Asunto: Re: carreira de meaño

Os enlaces Ok
tara

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
24/06/08
0 Carreiras
1258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 16 Set 2009, 20:37
Asunto: Re: carreira de meaño

ENHORABUENA PURI estas feita unha campeona sige asi bikiños
Germanmd

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/01/09
0 Carreiras
946 Mensaxes
marin-piñor(barbadás)
Respostar citando Envío Mér, 16 Set 2009, 22:18
Asunto: Re: carreira de meaño

Moitas grazas TARA, ti si que eres unha campeona con esa forza de vontade que tes para ir todos os finde por esas carreteras pra correr i animarnos unhas a outras.
O meo podio foi toda unha sorpresa ainda que na meta tiven que esprintar pra que non me adiantara unha corredora que viña detrás i o final era da miña categoría.
Vemonos no Grove ou onde sexa, un abrazo
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 16 Set 2009, 22:18
Asunto: Re: carreira de meaño

Por simple curiosidad ¿vades por os resultados da categoria de chupetes?
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Xov, 17 Set 2009, 10:08
Asunto: Re: carreira de meaño

Hola Sito.
Imos poñe-las listas de inscritos e participantes, por orde alfabética, ó igual que a de Andantes. Recordade que ámbalas dúas categorías son de carácter NON COMPETITIVO.
Espero poder telas á noite.
Saúdos.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Set 2009, 10:09
Asunto: Re: carreira de meaño

ok gracias pola informacion
nonchesei

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Set 2009, 10:21
Asunto: Re: carreira de meaño

A de Meaño foi a miña primeira carrera popular, e espero seguir acudindo a partir de agora a este tipo de citas. Sorprendeume o ben organizada que estubo esta carreira. Moita xente traballando, dando indicacións claras, un bo trato, carretera ben pintada, etc. Non todo foi perfecto, e quedan pequenos flecos por pulir que imaxino que iran arranxando ano a ano, como as colas na meta e o de saír todos xuntos, co perigo que eso conleva para os máis pequenos.

Tamén me chamou a atención a pouca puntualidade da xente. Ás 10 había pouca xente polos arredores, e eso que se había informado xa de que os dorsais se repartían ata as 10.30. Si os corredores non cumplimos cos horarios, non podemos esixirlle puntualidade aos organizadores. E non podemos esixir que non se formen colas na entrega de dorsais, se chegamos case todos á mesma hora. Noraboa aos organizadores e a seguir así.
supermorais

Montañés
Montañés
5/06/04
187 Carreiras
2952 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 17 Set 2009, 10:22
Asunto: Re: carreira de meaño

Coido que tes moita razón no que dís.
Temos os corredores que ser máis previsores.
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Ven, 18 Set 2009, 0:10
Asunto: Re: carreira de meaño

Hola.
En primeiro lugar dicirvos que xa están rematadas as clasificacións (incluídos chupetes e andantes) podendo consultalas na páxina do GAM.

En canto á carreira, efectivamente houbo, máis que fallos, problemas xurdidos pola gran participación rexistrada. Case todos tendes razón, aínda que non estou de acordo con algún de vos.

Primeiro: as colas na meta.
Sen dúbida o gran problema deste domingo. O sistema de toma de tempos, baseado nun lector de código de barras, aínda que foi punteiro no seu día, co número de particpiantes que hai na actualidade resulta pouco efectivo. Chegado este punto, a organización deberá tomar unha decisión: ben prescindir da toma de tempos, ben realizar unha forte inversión para incorpora-lo chip (championchip, cronotec, etc.). Sempre partindo da base de que a organización actual non está de acordo con cobrar ós corredores.

Segundo: as colas para recoller camisetas e refresco.
Aínda que é un problema, desde logo que de moita menor importancia. O feito de dar as camisetas este ano fora da zona de meta foi precisamente para evitar que botárades aínda máis tempo parados despois da carreira mentres vos retiraban o dorsal, tendo a posibilidade de tomar folgos, estirar, ducharse, etc. antes de ir a recolle-la camiseta e refresco. Os que protestades por esta cola non tendes razón para elo.

Terceiro: saída conxunta de nenos e maiores.
A razón de que unha asociación cultural e deportiva organice unha carreira non é outra que a de transmitir os valores do deporte a maiores e, por encima de todo, ós nenos. Se separamos ós nenos dos maiores estaremos facendo que se sintan menos protagonistas, e cercenando a posibilidade que correr a carón de xente que debera ser o seu ídolo. E esto debe ser así canto máis pequechos. ¿É que non vos dades conta da tremenda ilusión conque un rapaz de 3 ou 4 anos corre entre os maiores e o orgulloso que está coa súa medalla recibida ó chegar á meta?. Esto nunca se conseguirá na mesma medida se os facemos correr sos antes ou despois. O importante é que se vexan no "medio" dos maiores.
Outra cousa moi diferente é o tema da seguridade que algún de vos comentou. Estou de acordo, temos que estudiar o xeito de que os nenos poidan correr xunto os maiores e con seguridade. Será máis ou menos complicado, pero pódese facer.

Esto vai para Santa.
¿de donde quitaches que ós nenos non se lle daba refresco? Por favor, infórmate mellor antes de facer estas afirmacións. Os nenos levaron (ó igual que os maiores) un auga na meta, coa entrega do dorsal dábaselles unha bolsa cunha camiseta, unha mazá, unha rifa e un ticket para recoller un refresco. Exactamente igual nenos que maiores, homes que mulleres, andantes que corredores.

Os nosos campións.
Quero agradecer unha vez máis a Pedro Nimo a súa desinteresada colaboración. Recibir o trofeo das mans deste campión foi un premio engadido que persoalmente puden ver na cara dalgúns corredores.
Tamén gracias Serafín Portela e Manuel García Gendra, por estar en Meaño a peser de non correr. Ánimos á familia de la Torre, que non puideron asistir por causas maiores, pero estaban no noso pensamento.
Tamén a María Abel, Esther Pedrosa e Julia Vaquero.

Gracias, gracias e gracias
E porsupostísimo, gracias a todos e cada un dos corredores que participáchedes o domingo na carreira, especialmente ós que vos supón un esforzo este deporte e que o dades todo só co ánimo de superarvos un pouco máis cada día, inlcuso a costa de "estorbar" a algúns que se creen o que nunca serán e que neste foro vos faltan ó respeto.


Unha vez máis, gracias a todos e ata sempre.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
188 Carreiras
3863 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Ven, 18 Set 2009, 7:06
Asunto: Re: carreira de meaño

Moitas gracias a tí Marcos e a toda a organización Gam. Fixéstedes un traballo extraordinario. Ir de valde a unha carreira e que traten como vos o facedes, da gusto. Levo 7 anos consecutivos e para min, é sen dúbida a mellor carreira de toda-las populares que levo corrido.

A seguir así, é ven sei que e moi duro e cada ano máis... pero eu creo que merece a pena...

Un saudo e o proximo ano alí estareí si Dios quere.

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Set 2009, 9:43
Asunto: Re: carreira de meaño

Marcos non estou dacordo contigo:
1º punto: colas na meta.
Creo que hay que buscar unha boa solucion pero nunca seria prescindir dos tempos xa que todos nos gusta compararnos ano a ano.
2º as colas dos refrescos.
Penso que ainda hay marxe de mellora. Tes razon e o menos importante, pero nos tamen xa que se pode mellorar.
3º saida conxunta.
Eu non opino que os nenos queiran sair con nos, creo que prefiren sair sos e ser os unicos protagonistas, tendo os pais vendos e animandos.
tamen penso que si a organizacion cre que a saida conxunta e mellor eu non son nadie para levarlle a contraria, so dou o meu punto de vista.


Decir que as criticas son para mellorar non para ofender .
GRACIAS POR ORGANIZAR ESTA BOA CARREIRA
Atletis

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/08/09
0 Carreiras
141 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Set 2009, 12:24
Asunto: Re: carreira de meaño

MARCOS eu penso en canto o tema de seguridade cos nenos a solución e fácil.Dalle unha diferencia de un minuto entre categorías e xa tes o problema resolto e continuas gañando en tempo e ademais están xuntos prácticamente na saida.
Nas colas dos refrescos pon dous puntos separados(como duas caixas tipo super)e ainda que non gañes en tempo as colas chaman menos atención.
De todas as maneiras FANTÁSTICA CARREIRA e ESTUPENDO compromiso pola vosa parte.Unha perta e seguir así.
supermorais

Montañés
Montañés
5/06/04
187 Carreiras
2952 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Ven, 18 Set 2009, 21:27
Asunto: Re: carreira de meaño

Marcos, felicítote pola gran carreira que preparastedes. Noraboa a tódala organización. Foi estupendo. A pesar de pequenos detalles sen importancia, nos presentáchedes un espectáculo deportivo inmenso. Pagou a pena ir a Meaño, inda que so fora pra velo sen correr...xa me gostaría,... e a Elena tamén...!

Ánimo, e por outras 25 edicións máis!
santa

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
259 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Xov, 24 Set 2009, 14:19
Asunto: Re: carreira de meaño

Marcos: eu non digo nada que non sea certo, no meu caso levei dos nenos un de 5 anos e otro de 3 anos e otros dos de uns amigos de 6 e de 3 anos tamén e direiche que a os nenos de 5 e 6 anos déronlle tike para o refresco e rifa e unha bolsa cunha camiseta e non habia fruta dentro, a miña muller preguntou alí donde as repartían se non habia fruta para eles e dixeronlle que no para eles non, solo para maiores. En cuanto a os nenos de 3 anos que tamén tiñamos dous o unico que recibiron foi onha botella de auga polo que os maiores tivieron que compartir o refresco para disgusto dos pequenos que tamén o merecián

As críticas que fixen respecto a carreira son constructivas non pretendín ofender a ningúen, solo que me gustaría que para futuras edicions se podan corregir os fallos si e que os recoñecedes e vos interesa conocer a opinión dos participantes. Eu non vou as carreiras pola agua, ou camisetas, premios, etc, vou para disfrutar.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos