Foros ›
Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
751 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Mar 2019, 22:55
Asunto: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): PECHADO

I TRAIL CONCELLO DE OUTES “SUBIDA AO TREMUZO”
Domingo 31 de marzo de 2019


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Outes, domingo 31 de marzo de 2019.
Web da carreira: inscripciones.galitimi...p;iframe=0
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190331

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 04 de marzo ao xoves 07 de marzo de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 07 de marzo. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 04 de marzo ata as 23:59 do xoves 07 de marzo). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 07 Mar 2019, 23:02; editado 1 vez
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Mar 2019, 13:26
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07/03

Ola.
Gustariame participar neste sorteo. Seria a primeiro trail para min na zona de Outes e sempre motiva probar un trail novo. Aparte que é unha zoa moi chula xa que a costa sempre tira.
sugom

Novo foreiro
Novo foreiro
22/06/14
4 Carreiras
24 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Mar 2019, 19:04
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07/03

Quiero participar en el sorteo del dorsal del Trail de Outes.
No he participado nunca , no conozco el Tremuzo, eso si lo veo de frente cada día desde la playa De Portosin.
A ver si tengo suerte ...
Agromean

Novo foreiro
Novo foreiro
6/08/18
26 Carreiras
16 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Mar 2019, 19:56
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07/03

Deseo participar no sorteo do I Trail de Outes. Vamos os do equipo e dpois comeremos pola zona. Non coñezo eses montes pero de seguro k non os vou olvidar ( sobre todo durante a carreira). Espero k non nos deixe indiferentes,. Sorteo a tod@s.....
ablanco

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/18
0 Carreiras
35 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Mar 2019, 21:11
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07/03

Quiero participar en el sorteo
Siempre esta bien eso de estrenar un trail, porque como nadie te puede contar la experiencia previa, es como un Kindle sorpresa... ojalá me toque abrir el regalo
Vitoreiras

Novo foreiro
Novo foreiro
27/08/18
30 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Mar 2019, 18:04
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07/03

Quero participar no sorteo por que é unha boa escusa a carreira para desfrutar da vila de Outes, e sobre todo ir de comida co equipo postcarreira...
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
605 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Mar 2019, 9:52
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07/03

Boas, estaría interesado en participar no sorteo.
A zona de Outes é moí bonita e nunca fixen esa subida.
Sería unha boa excusa para conocer unha zona nova e para disfrutar tamén da gastronomia local.
Saudos.
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
670 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Mar 2019, 12:26
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07/03

Boas, estou interesado en participar no sorteo.

Fun ver o circuito e é realmente atractivo,a ver se hai sorte para disfrutar competindo cunhas vistas fermosas da ría

un saudo
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1627 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 17:25
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07

Tamén quero participar no sorteo do dorsal.

Sabendo como organizan as provas a xente de Outes, estou seguro de que este primeiro trail vai estar moi ben, así que, quedando cerquiña da casa, paréceme boa idea estrealo.

Club: ESPRINTES OURENSE.
esprintes.blogspot.com
Maistrote_diego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/11/13
114 Carreiras
115 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 19:57
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07/03

Pois veña. Tamén quero participar neste sorteo.

Nunca corrín polos montes de Outes. O mais cerca que fixen foi por Abelleira e quero ver que nos teñen preparado no Tremuzo.

Sorte a tod@s
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
751 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 23:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): ata o 07/03

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar. Anunciaremos los nicks de los ganadores el viernes 8 de marzo. Recordad que una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviarnos vuestros datos.

¡Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
751 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Mar 2019, 15:14
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): PECHADO

Resultado: Maistrote_diego

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
País donde reside:
Localización:
Email:
Teléfono móvil:
Club:

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.randorium.com/es/8O8ogU6H


Queda fuera del sorteo ablanco porque ya le toco el dorsal de otra carrera que se celebra el mismo día
Maistrote_diego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/11/13
114 Carreiras
115 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 09 Mar 2019, 7:54
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal I TRAIL CONCELLO OUTES (31/03): PECHADO

Moitas gracias de novo. Xa está enviado o correo. Haberá que ir a ver que nos teñen preparado por Outes.

Saúdos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos