Foros ›
Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
741 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Dec 2018, 22:52
Asunto: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): PECHADO

VI Trail de Cela
Domingo 13 de xaneiro de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Bueu, domingo 13 de xaneiro de 2019.
Web da carreira: https://concellodebueu.gal/eventos/vi-trail-de-cela/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6256&date=20190113
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=21221

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 10 de decembro de 2018 ao xoves 13 de decembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 13 de decembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 10 de decembro ata as 23:59 do 13 de decembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 14 Dec 2018, 13:24; editado 1 vez
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
602 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 7:50
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/1

Boas, estaria interesado en participar no sorteo. Xa corrín 3 veces ésta proba e sempre me gustou. Bén organizada e con un trazado bonito e rápido.
A organización o faí moí bén tanto a marcaxe como a balizaxe e os avituallamientos. Eses mexillóns e callos ó rematar a carreira sentan estupendamente.
Saudos.
gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
484 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 8:21
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Bo día.
Quero participar no sorteo.
Nese día estou entre este trail ou Salceda. Veremos polo tanto se teño sorte neste e me estreo nunha proba totalmente descoñecida para min pero da que teño boas referencias e que irá xenial despois dos turróns e demais
davidtorron

Novo foreiro
Novo foreiro
22/11/15
55 Carreiras
30 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 9:52
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Bos días

Quero participar no sorteo.
Asistín a edición do ano pasado, quedei encantado coa experiencia. Inmellorable trato o corredor por parte do clube Corredoiras. Percorrido do trail perfectamente balizado. E un trail bastante rápido, cunhas zonas de baixada moi interesantes e poucas zonas donde é necesario camiñar.
Toque ou non toque o dorsal no sorteo estaréi na saída.

Saudos
ablanco

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/18
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 9:59
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Quiero participar en el sorteo.
Nunca he participado en este trail, pero tengo entendido que es un trail rápido, lo que a mi modo de ver lo hace un poco más duro, ya que al no tener muchos sitios para caminar implica un mayor esfuerzo físico... y ahí mismo está la gracia... ojalá me toque el dorsal en el sorteo, pero existe muchas posibilidades de que toque o no toque estemos en la salida.
Lolinho38

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/10/13
147 Carreiras
263 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 10:13
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/1

Quiero participar en el sorteo.
Nunca he corrido este trail, pero viendo como organizan sus carreras los chicos del Corredoiras es de esperar que el trato al corredor sea inmejorable.
Por lo que me han comentado compañeros que sí han corrido la prueba es un trail "suave", rápido, muy bien balizado y con un precioso recorrido. Toque o no toque el dorsal, nos veremos por Bueu...
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
302 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 10:52
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Boas,
Gustariame participar no sorteo.
Corrín este trail o ano pasado, un día moi frío e soleado que nos permitiu desfrutar deste trail e das vistas sobre a ría de Pontevedra e Vigo. Como din os compañeiros, non é excesivamente duro e as baixadas non son moi técnicas. O avituallamento final tamén o lembro como bo.
Gracias!
Gompi

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/02/09
100 Carreiras
105 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 13:47
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Hola ,me gustaria participar en el sorteo.
Tuve la suerte de participar en las 2 primeras edicciones,recuerdo q era un trail rapidillo pero muy divertido donde no faltaba el agua y el barro...
La organizacion y el trato impecable a si que con muchas ganas de volver a participar en este trail, espero estar alli el mes q viene.
Un saludo.
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
35 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 14:58
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/1

Quisiera participar en el sorteo del dorsal para el Trail de Cela.
Sería mi primera vez.
Por lo que dicen es rápido y no muy técnico, que para mi es genial ya que estoy empezando en esto de los Trail.
Me queda en frente de casa y las vistas tienen que ser espectaculares.
Gracias y suerte a todos.
dponte

Maratoniano
Maratoniano
18/05/13
5 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 15:33
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Ola, participo no sorteo.

Corrín este trail hai 2 anos e gustoume moito a experiencia. Aínda que non é excesivamente duro ten o seu puntiño, o que o fai máis interesante.
a_rodal

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/12
142 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 18:30
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Hola ,me gustaría participar en el sorteo.
5 de 6 ediciones tramos exigentes, no muy duros , impresionantes con sus bajadas que como no te fijes tropezón seguro!!!!
espero estar allí para iniciar el año con ganas!!!!

Un saludo.
Panchetti

Maratoniano
Maratoniano
3/03/14
0 Carreiras
67 Mensaxes
Vilalba
Respostar citando Envío Mar, 11 Dec 2018, 16:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Quiero participar en el sorteo.
Nunca he participado en esta prueba y, desde luego, me gustaría participar en alguna ocasión... Me cuadra muy bien por fechas para preparar objetivos y, por lo que he leído, tanto la organización como la prueba son fantásticas... Así que, sí me toca, por allí andaré, y si no, posiblemente también...
PABLOCHAO

Novo foreiro
Novo foreiro
6/05/16
3 Carreiras
17 Mensaxes
MURAS
Respostar citando Envío Mér, 12 Dec 2018, 7:16
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Bos días, quero participar no sorteo de 2 dorsais para o Trail de Cela.

Xa participei o ano pasado,... e gustoume. É unha proba que por calendario, me ben estupenda para preparar outros obxectivos. É unha proba cunha boa organización (e con mexillóns ao remate, non o esquezades,... jajajaj), cun recorrido non moi duro en canto a desnivel, ainda que sí bastante longo e bastante rápido, que non che dá un respiro. Se hai sorte co sorteo,... e incluso se non a hai, e se o recorrido volve a ser a o mesmo, intentaremos achegarnos ás 2 horas como reto persoal.

Un saúdo e ata pronto.
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
741 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Xov, 13 Dec 2018, 22:23
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Hola.
Quiero participar en el sorteo.
Cela lo corrí un año,el primer Trail, me gustó mucho , tanto que tengo ganas de repetir.
Me acuerdo de llegar enlamado hasta arriba, pobre encargado del pabellón , limpiar todo
aquello debió llevarle su tiempo.
Lo más duro no fue el Trail, creo que sufrí màs subiendo la cuesta desde las duchas al coche
que en la carrera en si, jejeje.
un saludo y gracias.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
741 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Dec 2018, 22:58
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Trail de Cela (13/01/19): ata 13/12

Sorteo finalizado.

Muchas gracias a todos por participar. En unas horas publicaremos los resultados del sorteo. Permaneced atentos porque una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviar vuestros datos. Pasado ese plazo, si no los recibimos, perderéis el derecho al dorsal y pasará a pertenecer a un suplente.

Mucha suerte!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos