Sáb, 12 Ago 2017, 21:11
Asunto: Re: CorreSan 2017. Desde Setembro.
Máis vale tarde que nunca. Todo tiña que ser moito antes, pero diversas circunstancias fixeron que se demorase o lanzamento desta nova edición.
Efectivamente, a primera carreira, a
nocturna da Cidade vella, non precisa moita promoción. Tamén concordo en que este circuito é para o fomento de actividades saudables (de aí o nome), e este ano o calendario pode ser máis propicio para enganchar á xente a correr, e non ser só flor dun día coa "Pedestre". E enlazando con isto último, este é un circuito pensado para os/as composteláns, que tan difícil resulta enredalos "no noso", no da casa. Logo, benvidos sexan os que veñan de fóra, que sei que gusta e moito o que se ofrece aquí en Santiago. Lembro hai unhas semanas que na carreira de Bande me preguntaban polo
CorreSan. Eu atrevinme anticipar, que si, que comezamos en setembro
Con todo, sigo pensando que merecemos máis carreiras neste circuito, pero xa iremos vendo para próximas edicións...
A min e ao noso club nos veredes especialmente activos na carreira de Angrois. Vémonos pois!
A desfrutar!