Mar, 26 Set 2017, 21:22
Asunto: Re: Maratón de Nueva York 2017 (05/11/2017)
Pois eu pola miña parte, ata este domingo razoablemente ben.
O problema foi que estaba facendo unha tirada longa da fin de semana polas dunas da praia, tropecei e caín de costado.
A verdade é que levei un pau bastante forte. Ao principio non me doia moito, pero cando arrefriei notei unha dor forte na parte das costelas, e teño o corpo mallado.
O resto da semana xa o tiña de tomar de descanso, porque estarei fora, pero o vindeiro fin de semana volverei a saír a ver como me atopo. Agora mesmo non podería facer nin un quilómetro, porque ao respirar profundo xa sinto unha dor na parte superior das costelas importante.
A ver se cando se vaia a mazadura desaparece a dor, porque o medo sería que tivese algunha fisura ou algo parecido nunha costela, que me deixase fora de xogo. Pero, vamos non o quero nin pensar porque despois de todo e esforzo e a ilusión, teño pensado ir aínda que sexa andando.
Esta claro, que o propio feito de preparar unha maratón e poder estar na liña de saída xa é un gran triunfo.
Espero que outros foreiros poidan estar preparando a cita sen sobresaltos.