Foros ›
Gala Pontevedra CCCP 2016 (24/12/2016)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
ManuelCR

Maratoniano
Maratoniano
21/12/14
0 Carreiras
218 Mensaxes
PontepicosTrail
Respostar citando Envío Xov, 15 Dec 2016, 18:23
Asunto: Gala Pontevedra CCCP 2016 (24/12/2016)

Después de disfrutar de 6 magnificas pruebas, toca fin de fiesta. Bailar Bailar Bailar Aplauso Aplauso Aplauso


Cita:
Bo día:

Xa finalizou o Circuito de Carreiras de Pontevedra 2016, e xa van tres edicións, e temos que rematalo ao grande, como nas boas ocasións, cunha Gala de entrega de premios acorde ao voso esforzo durante todo o ano.

Por todo elo o Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, xunto aos organizadores locais das probas de San Brais, Santiaguiño, Monte Porreiro e Campañó queremos convidarvos o sábado 24 de decembro de 2016 para que as 12.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra podades participar na entrega de premios.

Para coñecer o voso resultado tedes que acudir ao seguinte enlace en championchipnorte.com/.../circuitos e buscar “CCCP”.

Lembrade que os tres primeiros e tres primeiras persoas de cada clasificación (“absoluta”, “categoría” e “compensada”) teredes que recoller este día un trofeo de artesanía moi especial (serie limitada), así como todos/as e cada un dos/as componentes dos tres primeiros “equipos” clasificados, unha medalla de artesanía (serie limitada) que se vos entregará na Gala.

Se sodes algún dos/as deportistas premiados e por algún motivo non podedes acudir á Gala, por favor debedes de comunicárnolo aimdadministracion @ pontevedra.eu e nomear a outra persoa que recollerá o premio no voso nome; pedímosvos comprensión e participación porque tamén realizamos un esforzo á hora de organizar esta entrega de premios tanto nos premios especiais de artesanía, como na organización do propio acto para vós, e queremos contar coa vosa participación.

Se tedes calquera dúbida a maiores ou nos seguindes en www.facebook.com/Circu...Pontevedra ou podedes chamar ao Técnico de Deportes de Pontevedra, David Araújo, ao tel. 986 872 013.

Un saúdo e grazas.






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos